O PP oponse a impulsar medidas contra a crise do sector lácteo

A deputada do BNG, Tereixa Paz lamentou que o PP rexeitara esixir do Goberno do Estado o cumprimento dos compromisos cos produtores e produtoras de Galiza

Tereixa Paz en comisión parlamentaria

A parlamentaria do BNG, Tereixa Paz denunciou hoxe, a través dunha Proposición non de lei, os efectos das medias adoptadas polo Goberno para facer fronte a crise do sector lácteo en Galiza.

A portavoz do Partido popular, Isabel Pacín anunciou o voto en contra á iniciativa nacionalista por considerar que a crise no lector leiteiro afecta ao Estado español e a Europa e xa se están a tomar medidas para garantir explotacións “máis eficaces”.

A Xunta segue eludindo responsabilidades na crise do leite

Para a deputada o Goberno galego segue no camiño de “eludir as súas competencias e responsabilidades buscando ampara na súa “inacción” na propia U.E. A parlamentaria explicou que no memento da intensa mobilización, por parte do sector lácteo a Xunta tentou “vender” aos produtores e produtoras que os acordos asinados en Madrid garantían a recollida da produción, establecer mecanismos para que non houbera produción “a perda” nas explotacións e instrumentos para equilibrar o reparto da cadea de valor. Tres aspectos, dixo, que despois de oito meses, “non houbo máis concrecións que a publicación do decreto de axudas, que as axudas da PAC serían adiantadas, un contrato que non supuxo ningún avance para os gandeiros e gandeiras sen que contemple ningunha negociación real”.

Tereixa Paz tamén explicou que o resto dos decretos, despois de sete meses, continúan sendo borradores e mesmo algúns contrarios á Comisión da Competencia polo que mostrou as súas dúbidas sobre o resultado do decreto.

Tereixa Paz en Comisión

A parlamentaria lembrou que a conselleira de Medio Rural, Angeles Vázquez afirmou na última sesión plenaria “a garantía da recollida” e seguramente hoxe, dixo a nacionalista, en Galiza non exista ningún gandeiro ao que non lle recollan a produción pero o certo é que “a ameaza de non recoller constitúe outro elemento máis de extorsión que os obriga a escoller entre tirar o leite ou cobralo a 18 céntimos”.

Por outra banda, tamén insistiu en reclamar un seguimento, por parte da Xunta para confirmar que as empresas que mercan a 18 céntimos o leite para facer leite en po e non remata sendo leite liquido co fin de machucar os prezos de orixe”.

Sobre os prezos dixo que máis do 30% da produción é pagada a menos de 25 céntimos o que constata que os prezos “non foron estabilizados porque a produción custa entre 31 e 32 céntimos”. A inmensa maioría das explotacións están vendendo a perdas polo que reclamou a retribución dos gastos de produción, garantir a recollida, crear unha Comisión de seguimento do cumprimento dos acordos de Madrid, apostar por proxectos galegos de base de cooperativismo e que dentro da campaña do consumo do leite poñer o énfase nos produtos lácteos elaborados en Galiza.

Pola súa parte, a portavoz do Partido popular, Isabel Pacín anunciou o voto en contra á iniciativa nacionalista por considerar que a crise no lector leiteiro afecta ao Estado español e a Europa e xa se están a tomar medidas para garantir explotacións “máis eficaces”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG