O BNG pide a Xunta que impida a fraude nas etiquetas de produtos galegos

O deputado do BNG, Daniel Rodas denunciou que se comercializan conservas con denominación de orixe “Rías Gallegas” e “envasado en Galiza” de maneira fraudulenta

Daniel Rodas

O parlamentario do BNG, Daniel Rodas defendeu hoxe unha Proposición non de lei na comisión de Industria instando á Xunta a levar a cabo as inspeccións oportunas para que nos supermercados se retiren as conservas que figuren coa denominación “Rías Gallegas”, “fabricado en Galicia” co fin de impedir a fraude a persoas consumidoras.

O parlamentario lembrou que existe unha sentencia no Xulgado do Mercantil nº 1 de Pontevedra conta a empresa “Javimar” con sede en Ribadumia por utilizar na etiquetaxe do envasado do mexillón etiquetas que non se corresponden coa Denominación de Orixe Protexida Mexillón de Galiza.

A sentenza pon de manifesto, engadiu Rodas, as denuncias reiteradas do Consello Regulador da D.O do Mexillón de Galicia que tras varios controis comprobou como se etiquetaba mexillón que pasaba por galego cando en realidade era “chileno, neocelandés ou chinés”.

Rodas tamén afirmou que a pesar da sentenza, a administración “non deu un só paso” para comprobar o impacto na comercialización deste produto nin adoptou “medida algunha” para resolver a situación de “fraude”.

Daniel Rodas

O Goberno non iniciará accións para comprobar as etiquetas fraudulentas

Pola súa parte, o portavoz do Partido popular, José Manuel Balseiro respondeu que e a Xunta defendeu sempre a “diferenciación” dos peixes e mariscos galegos pola súa calidade e que os operadores poidan utilizar expresión identificativas de Galiza nos produtos tanto na transformación como na súa comercialización. Para evitar as estafas, explicou, están en marcha as campañas de inspección de consumo que no período de xaneiro 2014 a xaneiro do 2015 supuxo medio cento de inspeccións con 16 expedientes sancionadores. Por outra parte a sentencia da que fixo referencia o nacionalista, afirmou o portavoz popular, “non é firme” e só discute o uso dunha empresa galega. A normativa faculta aos operadores a diferenciar o produto galego e mencións de orixe sempre que a materia prima sexa galega así como o envasado pero se aceptamos a súa proposta, só o 14% da produción total do mexillón en Galiza está amparado pola Denominación de Orixe e teriamos que deixar fora o 86 por cento do que tamén se produce en Galiza.

Na réplica, o nacionalista afirmou que a sentenza deixa claro que “debe cesar en tales mencións e retirar do mercado todos os produtos e material publicitario afectado e indemnizar con 15.000 euros por danos e prexuízos ao Consello Regulador Mexillón de Galiza”, e lamentou que de ser recorrida a sentenza todo o produto “con etiquetaxe fraudulento” será vendido sen que a Xunta o impida.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG