O BNG pide utilizar para usos sociosanitarios o antigo hospital de Vigo

Carme Adán

A deputada do BNG, Carme Adán denunciou a falta interese do Goberno para abordar un deseño de usos sociosanitarios no edificio situado no centro da cidade de Vigo e os problemas derivados do seu peche nos comercios cercanos.

Intervención da deputada do BNG, Carme Adán

A parlamentaria do BNG, Carme Adán defendeu, a través dunha proposición non de lei, utilizar a torre do antigo hospital de Vigo para usos sociosanitarios.

A parlamentaria que comezou a súa intervención tras a resposta de Feijóo ás preguntas relacionadas coa denuncia contra Baltar, manifestou que tiña claro que o Presidente da Deputación de Ourense debe dimitir pero tamén, “debe presentar a súa dimisión o Presidente da Xunta” despois de acusar a oposición de “frivolidade” por traer a Cámara galega preguntas relacionadas coa violencia de xénero.

Xa no debate da iniciativa, Adán acusou ao PP de “improvisación” no traslado ao novo hospital Álvaro Cunqueiro e de non dedicar “un só minuto ao futuro do antigo hospital” e a respecto dos comerciantes da zona, dixo, “nada de nada” nin sequera unha proposta ou plan alternativo, “pechan e punto” a vostedes dálles igual.

A parlamentaria pediu ao Partido popular e o Goberno galego que non responda con evasivas e atenda as demandas do BNG sobre o “antigo Pirulí” de Vigo. A xente está preocupada por este edificio porque vemos que dentro dun ano seguiremos ensinando fotos do seu deterioro e dentro de dous pensarán en derrubalo, e dentro de cinco teremos “as fotos do que foi o antigo hospital de Vigo” porque o Partido popular non quixo montar o centro de alta resolución e manter unha “área sociosanitaria” non centro da cidade de Vigo.

Carme Adán

Pola súa parte, o portavoz do Partido popular, Miguel Santalices respondeu á deputada do BNG que era o momento de “reflexionar” sobre o futuro do vello hospital de Vigo ao que a deputada respondeu que é necesario sempre reflexionar pero tamén dar pasos adiante na procura de utilizar os edificios, “que en Vigo hai uns cantos” sen uso e cun grave deterioro.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG