O BNG pide no Parlamento galego reprobar a prórroga de ENCE e que abandone a ría de Pontevedra

A deputada Montse Prado instou ao Goberno galego a realizar as xestións necesarias ante o Goberno español para que a pasteira ENCE abandone a Ría de Pontevedra. O PP anunciou o voto en contra á iniciativa nacionalista

Montse Prado

Pleno.-A parlamentaria do BNG, Montse Prado defendeu hoxe unha Proposición non de lei destinada a demandar do Goberno central a anulación da prorroga concedida a ENCE para permanecer na ría de Pontevedra durante 60 anos máis e a reprobación do Parlamento galego á prorroga da pasteira.

Na súa intervención, Prado afirmou que o BNG “non desistirá de pedir a saída de ENCE da ría de Pontevedra”. Esixiullo a gobernos pasados, presentes e futuros porque ENCE, explicou, pode ser trasladada pero a ría non. Se vostedes preguntan a calquera persoa de Pontevedra que é o peor responderá que “ENCE” e responsabilizou ao Partido popular de consolidala na ría pontevedresa.

Pola súa parte, o portavoz do PP, Jacobo Moreira lembrou que existe unha autorización ambiental integrada e defendeu a permanencia de ENCE para salvar os postos de traballo ao que deputada replicou que a autorización ambiental “non imposibilitaba que ENCE rematara a súa permanecera na ría de Pontevedra no ano 2018, “ten que buscar un pouco máis nos seus papeis”, díxolle Montse Prado ao popular Moreira e reiterou que o BNG non vai a desistir de “quitar a ENCE da ría de Pontevedra” porque é negativo para o desenvolvemento económico, social e da saúde das persoas. No BNG, recalcou, “non somos unhas marionetas como no Partido popular que se adapta segundo lle interesa”.

Intervención da deputada do BNG, Montse Prado

A deputada preguntou porque foron trasladadas empresas contaminantes, menos lesivas que ENCE, con gastos millonarios e ENCE non. É que caeu sobre os pontevedreses e pontevedresas unha maldición bíblica para aguantar cunha industria “imposta polo franquismo” e consolidada polo Partido popular e onde está escrito que ENCE non pode trasladarse preguntou. O que sucede, afirmou é que á empresa cústalle cartos o traslado e vostedes non están dispostos a que pague pero toleran que o paguemos todos e todas do noso peto. “Regálanlle lexislacións, a auga e taxas” e a lei de Costas modificada para resolver os problemas resulta que impide un campo de fútbol porque resulta dañino e impide os núcleos do litoral pero a ENCE, permítenlle permanecer en dominio público, “algo cheira a podre”.

A deputada, tras escoitar os argumentos de Moreira xustificando a prorroga de ENCE para manter os postos de traballo, acusou ao Partido popular de “traizón” a Pontevedra e de ter tomado unha decisión política para beneficiar os intereses da empresa.

Hoxe votarán en contra, pero o BNG non desistirá para que ENCE saía da ría de Pontevedra, concluíu.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG