O BNG pide garantir o ensino domiciliario a nen@s con efermidades de longa duración

O deputado nacionalista, Cosme Pombo reclamou o cumprimento do protocolo e se dote de profesorado e medios ao alumnado que non pode acudir aos centros de ensino por padecer enfermidades de longa duración.

Cosme Pombo

 O parlamentario do BNG, Cosme Pombo lembrou que hai dous meses saltaba a noticia dun alumno con leucemia que cursa sexto de primaria cuxa nai reclamaba o dereito á atención educativa na casa por non poder acudir ao centro por un período prolongado de tempo. O parlamentario pediu “un compromiso” ao conselleiro de Educación para garantir a atención educativa e de calidade no domicilio a nenos e nenas con enfermidades de longa duración.

Pola súa parte, o conselleiro de Educación, Román Rodríguez afirmou que na actualidade existen entre trinta ou corenta nenos que non poden acudir aos centros de ensino e a Xunta aporta o apoio educativo a través do decreto a diversidade 2011 que regula a educación domiciliaria. O pasado venres, afirmou, púxose en marcha un novo protocolo para dar unha resposta áxil a este tipo de casos garantindo os medios, tanto no domicilio como no hospital con medios tecnolóxicos e reforzando a coordinación entre sanidade e educación.

Unha cousa é o papel e outra ben distinta a realidade

Na réplica, o nacionalista manifestou que “unha cousa é o papel e outra ben diferente a realidade” e resulta que a nai de Adrián, Nieves Villar, só lle ofreceron tres horas. A base de protestar, recalcou Cosme Pombo, ofertáronlle seis horas a semana. A xuízo do parlamentario, docente de profesión, o tempo ofertado resulta “insuficiente” para garantir a continuidade da formación.

 Cosme Pombo

“Nieves quere que o seu fillo, que recuperou a súa vida poida recupera o proceso formativo no seu domicilio” e dispoñer dos recursos que están no papel para que “o cancro non sexa quen de discriminalo dos seus compañeiros” e que o vindeiro ano poida incorporarse ao Instituto, a pesares de ter que seguir loitando seis meses máis contra o cancro.

O deputado pediu ao conselleiro de Educación unha reunión coa nai de Adrián, presente no debate na tribuna de convidados, petición que non obtivo resposta por parte de Román Rodríguez.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG