O BNG desvela que o Goberno galego non solicitou ningunha transferencia

A deputada, Ana Pontón amosou a documentación da Comisión Mixta de transferencias que confirma que durante esta  lexislatura, o Goberno galego non solicitou a transferencia da AP-9 nin ningunha outra.

Ana Pontón

  A deputada do BNG, Ana Pontón interpelou  hoxe á conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez da que demandou iniciar accións para rebaixar as “abusivas peaxes das autoestradas galegas”.

A parlamentaria insistiu en que gobernar non é facer declaracións ante os medios de comunicación. Cando se goberna, dixo, existen instrumentos establecidos para solicitar transferencias e estas non se fan con alegacións a un plan, “materialízanse na Comisión mixta”  e a documentación oficial do Ministerio demostra  que durante os anos 2012-2015 non existiu ningunha reunión da Comisión Mixta de transferencias, e dicir, “nesta lexislatura o Goberno galego non solicitou a transferencia da AP-9 nin ningunha outra transferencia”.

Tras intervención da conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, a nacionalista tamén negou a falsidade do anuncio da rebaixa das peaxes na AG 55 e AG 57 e explicou que  a  diminución no tramo Carballo-Coruña dunha motocicleta, un microbús o un furgón custará 0,05 euros menos, “esta é a grande rebaixa que vostedes ofrecen para as peaxes”. Coa suba de impostos de hidrocarburos aprobada polo Goberno do Partido popular, circular por esas vías “xa era moito máis caro” polo que preguntou á conselleira se non lle preocupa que dende o ano 2008 as peaxes da AP-9 tivera un incremento dun 50 por cento, esa é,dixo, “unha política solidaria, xusta e que responde as necesidades que temos no país ou é unha política que vai en contra de Galiza”.

Ana Pontón

Vostedes, engadiu a nacionalista, pensan máis “nos intereses da concesionaria que nos intereses xerais de tod@s os galegos”. A deputada tamén mostrou a falta de opinión da conselleira sobre a decisión do Ministerio de bonificar só 10 Qm do Plan experimental para camións en todas as autoestradas galegas polo que preguntou se esa era  a grande aposta pola seguridade viaria para eliminar tráfico pesado nas estradas secundarias galegas.

A parlamentaria concluíu acusando a conselleira de Infraestruturas de “deixación de funcións”

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG