Ana Pontón tilda de "dieta hipocalórica" os Orzamentos de Cultura

A deputada denunciou que no único lugar no que “non mingúan os recursos” e na Cidade da Cultura

Ana Pontón

 A parlamentaria do BNG, Ana Pontón cualificou hoxe de “dieta hipocalórica” os orzamentos que a Xunta destina a Cultura, agás, dixo na Cidade da Cultura onde non mingúan.

Tras escoitar ao presidente do Consello da Cultura, Ramón Villares, para informar dos orzamentos do ano 2016, a deputada reiterou que os orzamentos para este organismo seguen a mesma “dieta hipocalórica” que o resto do ámbito cultural dende que goberna Feijóo.

Pontón explicou que as políticas culturais e lingüísticas da Xunta de Galiza en ningún caso poden ser xustificadas por eses recortes de orzamentos e o posicionamento político non é outro máis que “restrinxir o apoio público á cultura”. Dende que goberna Feijóo, engadiu, descenderon un 56,9 % que está provocando graves problemas no funcionamento do sistema cultural galego e a hora de enfrontar os retos, dende o punto de vista cultural e lingüístico.

Para a deputada, o funcionamento da Cidade da Cultura absorbe máis orzamento que as partidas destinadas á rede de bibliotecas públicas ou patrimonio. A parlamentaria lamentou que non se reabra o debate sobre a Cidade da Cultura sobre se ten sentido seguir mantendo abertos uns edificios que na práctica non cobren ningunha función cultural e suxeriu que o propio Consello da Cultura galega aborde esta cuestión de gran relevancia cultural do noso país.4

Vostede,dixo, preside unha institución con máis de tres décadas de existencia que ademais da defensa do noso patrimonio cultural ten un mandato “co fomento e a protección da nosa lingua”. Entendemos que os últimos datos sobre a situación do idioma galego debuxan un panorama moi preocupante cando dous de cada tres menores de quince anos aseguran non saber falar galego.Isto, recalcou constata, “o incumprimento do mandato de Normalización Lingüística que establece a obriga dos poderes públicos a garantir un coñecemento igual das dúas linguas ao final da etapa educativa”. Ante esta realidade, preguntou se o Consello da Cultura ten previsto avanzar nesta cuestión e con que propostas despois de posicionarse en contra do decreto.

A deputada lembrou que o Partido popular está a impedir avaliar as competencias lingüísticas e dende o BNG, reiterou, reclamamos saber as consecuencias do decreto, alén dos datos do Instituto Galego de Estatística.

Pontón concluíu a súa intervención mencionando a situación do patrimonio cultural galego do que dixo conta con poucos recursos nos orzamentos para a súa conservación polo que volveu preguntar ao Presidente do Consello da Cultura Galega se actuará con informes e sensibilización neste ámbito.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG