Rosana Pérez exixe a Alonso que enfermos de Hepatite C en fase 3 e 4 acceda xa aos fármacos novos

_J0C8787A deputada do BNG no Congreso, Rosana Pérez, presentou unha proposición non de lei e unha pregunta parlamentar na que insta ao Ministro Alonso a atender de imediato ás persoas enfermas de hepatite C que se atopan en fase 3 e 4 para que accedan con urxencia aos novos tratamentos.

Nun segundo punto, a parlamentar do BNG empraza ao Ministro de Sanidade a revisar os estrictos criterios fixados para o acceso aos novos fármacos de xeito que se permita acceder a un universo maior de afectados, especialmente os casos máis graves. Finalmente, o BNG demanda a Alonso que se inicien os trámites para emitir licenzas obrigatorias para fabricar Sofosbuvir, partindo do artigo 90 da Lei de Patentes.

Hai que evitar máis mortes

Rosana Pérez acusa ao Ministro de pasividade porque “non parece afectarlle que a hepatite C se cobre a vida de enfermos que non puideron acceder aos novos fármacos, como sucedeu recentemente con Pedro Morales, un veciño de Cangas”. A deputada do BNG pón de manifesto que o Ministerio debería tratar axeitadamente aos enfermos. Outra cuestión, remarca, é o prezo absolutamente prohibitivo do Sofosbuvir e os abusos das multinacionais farmacéuticas “fixando un custe inmoral”.

Por iso, Rosana Pérez empraza ao Ministro a traballar en todos as frontes á vez, evitando atrincherarse nun único bando a fin de que todo permaneza igual e nada avance. Para o BNG é prioritario que atenda primeiro os casos extremos e máis compricados a fin de evitar máis mortes que se podrían parar se se reacciona a tempo.

No que atinxe ao prezo, “é claramente abusivo porque é un prezo monopolista, superior ao custe marxinal de producir o medicamento”.

A licenza obrigatoria: unha iniciativa plantexábel

Critica que non se están a seguer criterios médicos á hora de otorgar os tratamentos, “algo que se pode corroborar falando con persoas enfermas. O Goberno só se rixe por criterios economicistas, en función do teito económico fixado para este ano, a insuficiente e cativa cantidade de 125 millóns, que segundo as estimacións só alcanzará para tratar a algo máis de 5.000 afectados, cando os expertos consideran urxente tratar este ano 10.000-12.000 persoas”.

Neste sentido, salienta que hai enfermos de cirrose en fase catro da doenza que non son candidatos aos tratamentos debido aos inflexíbeis criterios do Ministerio. Para Rosana Pérez “isto non é unha cuestión de cartos é unha cuestión de prioridades: primeiro resgatan aos bancos, recurtan até a saciedade para reducir o défice, dan amnistías fiscais e pagan salarios inmorais a altos cargos, pero deixan nun segundo plano a atención a enfermos de hepatite C”.

Outro punto no que fai especial énfase a deputada do BNG é o relativo á necesidade de que o Goberno se plantexe emitir licenzas obrigatorias para fabricar xenéricos de Sofosbuvir. “De feito, segundo o artigo 90 da Lei de Patentes, o Goberno podería aprobar un Real Decreto para someter unha patente xa otorgada á concesión de licenzas obrigatorias”.

Explica a deputada nacionalista que o proceso sería que o Goberno autorizase a un laboratorio para crear Sofosbuvir ao prezo que fixe o propio Executivo e pagaría á multinacional un porcentaxe dese prezo en concepto de licenza. Un mecanismo que xa adoptaron outros estados.

Ironicamente, a deputada nacionalista apela ao Ministro a priorizar as necesidades sanitarias dos cidadáns e a demostras “máis humanidade”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG