PP veta a proposta do BNG para incluír as demandas do sector na nova Lei de Montes

María Albert
María Albert
María Albert apelou a “coidar o noso” e denunciou a intención de  Medio Rural de deixar sen representación legal á Organización Galega de Comunidades de Montes

A deputada do BNG, María Albert defendeu unha proposición non de lei para mellorar o texto da nova Lei de Montes veciñais en man común.  Pola súa parte, O PP votou en contra da proposta do BNG para non incluír na nova lei o punto da iniciativa nacionalista referido ás “demandas do sector”.

Para a nacionalista, os montes deben contar con “ferramentas, orzamentos, políticas e vontades para modernizar, garantir o relevo xeracional e  aproveitar as potencialidades daquilo que nos caracteriza e nos fortalece”, e esta garantía  temémola, dixo nas

Comunidades de Monte Veciñal en Man Común.

O pasado día 4 de marzo, explicou a parlamentaria do BNG, coñeciamos  o comunicado da Organización Galega de Comunidades de Montes (ORGACCMM) en relación a un “grave desencontro coa Xunta de Galiza tras negarse a  Consellería de Medio Rural  a certificar a composición da xunta directiva da ORGACCMM”. Medio Rural argumentou que non consideraba esta organización unha comunidade de Montes e polo tanto “non tiña dereito á representación legal das comunidades de montes que a conforman”.

A deputada, tras cualificar o acontecido de “inédito” , incidiu na  idoneidade da “iniciativa do BNG ante  un ataque “denodado, sen cuartel, e con obxectivos pouco confesábeis  que o Partido Popular está a facer por terra, mar e aire contra as  Comunidades de Montes do noso país”.

A ORGACCMM,explicou, ten unha traxectoria de 23 anos de traballo e o seu obxectivo sempre foi a “protección dos montes veciñais e os intereses da veciñanza comuneira fronte aos intereses especulativos e urbanísticos”.

Ante a negativa da Consellaría do Medio Rural a certificar a súa xunta directiva a organización recalca  que desde o mesmo momento da súa constitución, “ cumpriu todas as normas exixidas,  recoñecida por outras consellerías da Xunta de Galiza como a entidade máis representativa das comunidades de montes e  participa en distintos órganos consultivos do goberno autonómico”.

Que pretende a Consellaría con este proceder?preguntou a deputada.  “Ilegalizar a Asociación impedíndolles realizar calquera trámite administrativo  cando teñen mesmo, presentado no Parlamento unha Iniciativa Lexislativa Popular para modificar a Lei de Montes?.

Vostedes usaron a “Lei de acompañamento aos orzamentos” para 2022 para introducir importantes modificacións e este ano dedicáronlle especial atención á  Montes Veciñais en Man Común. Neste ámbito, dixo, as súas políticas queren “ traspasar, alí onde non exista veciñanza, os montes veciñais a titularidades públicas eliminando dun golpe o seu carácter veciñal” e por outra parte, alegar  razóns  burocráticas para que  un monte veciñal en man común poida ser declarado en estado de grave abandono ou degradado para  entregalo á xestión dunha empresa forestal ou madeireira por un período de 50 anos”.

“Unha lei  que regula os Montes Veciñais (que ocupan 600.000 has – un 23% do monte deste país) non pode ser modificada pola porta de atrás”. Ademais, a Organización Galega de Montes Veciñais en Man Común (ORGAMMVV) tense mostrado moi crítica coas reformas lexislativas introducidas, e o pasado 14 de xaneiro rexistraron no Parlamento de Galiza unha “Iniciativa Lexislativa Popular” para a elaboración da nova Lei na que estabelecen as liñas mestras que entenden básicas para que a norma poida satisfacer as necesidades do sector.

A Iniciativa Lexislativa Popular, elaborada por todas as comunidades de montes tenta reforzar “o carácter xermánico (comunal) dos montes veciñais, a mellora do  funcionamento asembleario e democrático das comunidades de montes, o recoñecemento da titularidade veciñal como unha máis e distinta das titularidades públicas e privadas, acadar un monte veciñal multifuncional e sustentábel, e unha fiscalidade axeitada á figura e ás funcións dos montes veciñais.

A deputada preguntou ao portavoz popular, Antonio Armada Pérez, si podía defender o seu voto en contra ao contido da ILP ou máis ven si o rexeitamento do PP á iniciativa do BNG estaba relacionado co punto sobre a incorporación das demandas do sector a nova Lei de Montes veciñais en man común.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG