O PP modifica pola porta de atrás máis de vinte leis e dous decretos mentres deixa sen resposta aos sectores máis danados pola COVID

Olalla Rodil
Olalla Rodil
Olalla Rodil criticou que as modificacións, a través da Lei de Medidas Fiscais e Administrativas, carecen de aplicación orzamentaria nun contexto excepcional de pandemia

A deputada do BNG, Olalla Rodil defendeu unha emenda á totalidade ao Proxecto de Lei de Medidas Fiscais e Administrativas pola que son modificadas máis de vinte leis e dous decretos, “sen aplicación orzamentaria nin respostas á crise sanitaria da COVID-19”.

A deputada asegurou que do total das modificacións “só cinco artigos están relacionadas coa pandemia”: A bonificación fiscal para casinos, maquinas comecartos e bingos,  a exención do pago do canon  da auga para hostalaría, restauración e locais turísticos, desde o 5 de novembro até o fin da emerxencia sanitaria sempre que o seu consumo se reducira o 25% ou máis. Procesos selectivos derivados da situación de emerxencia sanitaria, contratación de persoal laboral temporal ou funcionario interino fronte á Covid e a modificación das taxas de usos portuarios de uso social.

Modificacións de leis como o turrón que volve cada ano

Rodil explicou que o PP volve a modificar a mesmas leis ano tras anos entre as que nomeou   a Lei de Solo, “xa modificada en cinco ocasións”, a lei de Incendios forestais de Galiza, “sete reformas”,  Lei de Mobilidade de terras, “quinta reforma”, Lei de Montes, “oito reformas” e con  esta  a novena, pero ademais, utilizan   “a porta de atrás” para reformar tamén as  leis de Augas de Galiza, a de  estradas, Pesca, Portos, Servizos sociais, Coopertivas, Deporte, Subvencións, transparencia e bon goberno, protección xeral das persoas consumidoras, a Lei  de creación da Escola galega de Administración pública, a da Academia de seguridade pública, Emerxencias de Galiza e a Lei de  Racionalización do sector público autonómico. “É como o turrón que volve cada ano”, ironizou a deputada.

Este proceder é o que usan ano tras ano  baixo o “ subterfuxio” da Lei de acompañamento  para reformar normas que nada teñen que ver entre si,  “un clásico” ao que xa nos teñen  acostumadas dende o  goberno galego.

A nacionalista criticou que a lei de acompañamento evidencia “a  falta de  diálogo” do goberno cos grupos parlamentarios e  sectores sociais afectados.  Esta  “posición unilateral”, é a que os leva cada ano  a modificar  as mesmas leis e os mesmos artigos, remarcou a nacionalista.

Segundo Rodil, o PP  goberna a “impulsos” recorrendo a procedementos lexislativos excepcionais como as denominadas leis de acompañamento polo que  preguntou  canto vai durar esta vez este compendio de mudanzas.

A deputada concluíu reiterando que o PP modifica 23 leis e dous decretos “dun plumazo” sen  negociar nin debater ningunha delas. Dende o BNG, “non compartimos esta forza de lexislar furtando o debate social e político” sobre todo nun contexto marcado pola pandemia. Nin sequera aproveitaron esta circunstancia excepcional para dar unha resposta a todos os sectores tan gravemente afectados pola COVID.

A emenda á totalidade defendida pola deputada do BNG, Olalla Rodil á lei de Medidas Fiscais e Administrativas 2021 foi rexeitada polo grupo maioritario do Partido popular.
Máis en Novas
Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG