GALEGAS 2016

Olalla Rodil: “Feijoo deixa illadas ás persoas que apostan por facer a súa vida no rural”

O Páramo
O Páramo
Olalla Rodil: “Feijoo deixa illadas ás persoas que apostan por facer a súa vida no rural”
  • A candidata do BNG lembrou que “toda a propaganda lanzada dende a Xunta sobre a gratuidade do transporte para a mocidade deixa fora a quen máis o precisa”
  • Olalla Rodil sinalou que “ademais de non ter posibilidade de contar cun transporte público axeitado a maioría das poboacións rurais ten as estradas da Xunta desfeitas”

A candidata do BNG por Lugo ás eleccións galegas do 25 de setembro, Olalla Rodil, visitou o concello lucense de O Páramo para coñecer a situación deste municipio e os problemas que afectan á mocidade que aposta por facer a súa vida alí. Rodil visitou, acompañada de militantes e simpatizantes da zona, varias iniciativas empresarias situadas no concello do Páramo que “son a aposta vital de persoas que precisan servizos e infraestruturas para poder seguir vivindo e traballando aquí” afirmou Olalla Rodil.

Rodil sinalou “o desmantelamento de servizos de transporte ao que o PP someteu ás persoas que viven no rural” e enumerou o servizo de transporte adaptado 065, o noitebús, e as liñas de transporte que deixaron de funcionar entre as vilas e parroquias dos concellos galegos. Olalla Rodil que “foi o BNG quen puxo en marcha servizos útiles para a poboación, mentres o PP acaba con eles a fai propaganda con anuncios como a gratuidade dun transporte metropolitano que ninguén sabe cal é na provincia de Lugo”

Olalla Rodil acusou a Núñez Feijoo de “deixar abandonada a provincia de Lugo e sobre todo aos concellos rurais, onde a pesar de ter goberno amigos as veciñas e veciños son os grandes perxudicados”. Rodil puxo como exemplo o mal estado da estrada que une O Páramo e Portomarín e recolleu as queixas da veciñanza que “levan anos agardando por que se lle dea unha solución ao firme desta estrada que é unha das vías principais de comunicación do concello”.