Galegas 2024

Noa Presas: “Estamos preparadas para gobernar e ofrecer uns servizos públicos de calidade”

Ourense
Ourense

Apelo a todas esas persoas descontentas coa política, desilusionadas con como foron estes 14 anos, a que nos dean unha oportunidade Ourense será decisivo para o cambio galego”

Plan de choque para a Atención Primaria e un plan para a reducir as listas de agarda, así como atraer e reter persoal sanitario: entre as prioridades do BNG

A cabeza de lista comeza o primeiro día da campaña percorrendo a cidade e as principais vilas e localidades de Ourense

Co inicio da campaña electoral, a cabeza de lista do BNG por Ourense, Noa Presas, percorre as principais vilas e a cidade de Ourense apelando a concentrar o voto no BNG “daquelas persoas descontentas e desilusionadas con como foron estes 14 anos de goberno do PP”. Presas sinala que o BNG “está preparado para gobernar” con Ana Pontón liderando o vindeiro goberno galego e que blindar os servizos públicos será unha das súas prioridades, a comezar pola sanidade pública. Avanza que, co goberno do BNG, desenvolverán plans de choque para a Atención Primaria e reducir as listas de agarda, así como unha política efectiva á hora de atraer e reter persoal sanitario.

Acompañada por membros da candidatura do BNG, Presas comeza unha campaña electoral intensa “Estamos ante as eleccións máis abertas dos últimos 15 anos, e temos a oportunidade histórica de dar un gran cambio político, algo que sería fundamental para Galiza, pero moi especialmente para Ourense, por iso estamos percorrendo as grandes vilas de Ourense” afirma a cabeza de lista do BNG. Ourense, sinala, precisa un cambio liderado polo BNG porque sofre “máis que ningunha outra parte de Galiza” as discriminacións das forzas centralistas e, polo tanto, precisa ter unha presidenta coas mans libres para negociar con este país e absolutamente fundamental para que a avancemos.

Neste sentido, Presas pide á todas as persoas preocupadas pola situación de Ourense a que confíen no BNG este vindeiro 18F. Máis, incluso, preocupadas especialmente pola situación da sanidade pública en Ourense: “temos as peores listas de espera de todo Galiza, temos as peores listas de espera tamén, en ámbitos tan importantes como a cirurxía, pero sobre todo tamén nas consultas hospitalarias en ámbitos como neurocirurxía como por exemplo todo o que ten que ver con oftamoloxía ou rehabilitación”.

Programa de goberno do BNG para reverter a situación da sanidade pública

“Estamos preparados e preparadas para coller as rendas deste país e comprometernos cuns servizos públicos de calidade” avanza Presas. Nos 100 primeiros días de goberno o BNG impulsará un plan contra as listas de espera, para reducilas, e tamén impulsará unha mellora das condicións dos traballadores e traballadoras dos hospitais, e moi especialmente en sitios como Ourense, que precisan unha política de captación de persoal, que premien o retorno do persoal, que dean posibilidades para a investigación e o estudo, e para fixar novas especialidades aquí, como a tan demandada xeriatría ou facer unha verdadeira unidade de ictus que estea ben dotada de persoal e dun reforzo que sexa real.

Ruta polas localidades e comarcas de Ourense

O primeiro día de campaña electoral, a cabeza de lista estivo visitando varias localidades e comarcas de Ourense avanzando as prioridades de goberno do BNG. Valdeorras, Monterrei, A Limia, Carballiño: foron algún dos lugares que Presas visitou onde puido avanzar proxectos específicos para cada comarca e localidade co obxectivo de reforzar os servizos públicos –sobre todo no eido sanitario- e mellorar a vida da xente.

“Ourense merece máis, Galiza merece máis, e o BNG nestas eleccións vai a por todas, temos a oportunidade de dar un cambio político, de que Ourense sexa decisivo, e de que teñamos por primeira vez, unha presidenta do BNG a fronte da Xunta” sentenza.

Máis en Novas
Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG