Noa Presas ao PP: “Deixa de mentir e iniciade as obras de reaperuta da base de Vilanova no Barco”

Noa Presas
Noa Presas

Noa Presas instou a Fernandez Couto a cumprir o acordo parlamentario para activar o dispositivo do helicóptero contra incendios e activar a operatividade da base

Noa Presas ao PP: “Deixa de mentir e iniciade as obras de reaperuta da base de Vilanova no Barco”

A deputada do BNG, Noa Presas formulou hoxe unha pregunta ao goberno sobre as razóns pola que segue inoperativa a base de helicópteros de Vilanova, no Barco de Valdeorras a pesar do acordo parlamentario para poñela en marcha.

Presas tildou de “insultante” o desleixo da Xunta de Galiza despois dun ano e transcorrida  toda a temporada de alto risco de incendios. A Xunta, dixo Presas segue   “dando largas” a pesar de afirmar  que as obras serán de maneira inmediata pero constatamos que “prorrogan unha e outra vez as súas promesas” polo que instamos ao responsable de Política forestal, Tomás Fernandez Couto “que deixe de mentir e acometa canto antes as obras necesarias”.

Para a parlamentaria do BNG, a intervención de  Fernández  Couto na comisión celebrada no Parlamento galego  confirmou  que  o BNG  foi o impulsor do acordo parlamentario sen o cal non habería información sobre este asunto e  todo permanecería paralizado.

Presa cualificou de “reprobable” a actitude de Fernández Couto e reiterou que a base debe ser recuperada porque  a súa inoperancia no ano 2018 representa unha grande perda de tempo e actividade e advertiu  que afortunadamente, “non se produciu ningunha traxedia”. Xunta debe ser responsable e non agardar  a que esa traxedia se produza, avertiu.