CONGRESO

Néstor Rego insta a que se poñan en marcha con urxencia as medidas de saneamento da lagoa de Baldaio

Néstor en Carballo
Néstor en Carballo

O BNG está preocupado pola situación na que se atopa nestes momentos a lagoa de Baldaio, afectando tanto á veciñanza da zona como a fauna.

O goberno municipal de Carballo pediulle o deputado Néstor Rego que realizara as xestións pertinentes para instar ás administracións a traballaren conxuntamente no problema e coa maior brevidade posíbel.

Néstor Rego insta a que se poñan en marcha con urxencia as medidas de saneamento da lagoa de Baldaio

O deputado do BNG, Néstor Rego, instou o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, e máis concretamente a Dirección Xeral de Sostibilidade da Costa e do Mar, a buscar unha solución rápida o problema urxente que está a acontecer na lagoa de Baldaio. Rego pide que se poñan en contacto coa Consellaría de Medio Ambiente da Xunta de Galiza para coordinar a posta en marcha das medidas oportunas para solucionar o problema.

“Trátase dunha cuestión complexa, e na que, para respectar a protección ambiental, hai que actuar con prudencia” manifesta o deputado nacionalista. Son varias as administracións implicadas, pois teñen competencia a Dirección Xeral de Sostibilidade da Costa e do Mar do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, e por parte da Xunta de Galiza, a Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, que deberán consensuar de forma urxente o mellor modo de actuar.

A lagoa caracterizase por ser de auga salgada, pois o mar penetra na terra mesturándose coa auga doce que chega dos ríos da zona. Mais, a colmatación da lagoa cortou o fluxo das mareas de entrada e saída, o que está provocando graves inundacións e outros problemas de carácter ecolóxico e económico.

Tal e como se lle trasladara o deputado dende o goberno municipal, a necesidade urxente de presentar esta iniciativa parlamentaria para o saneamento da contorna do Espazo Natural de Baldaio. O deputado Néstor Rego insta a que as administracións ”falen entre elas” para que se poñan de acordo en resolver esta cuestión no menor tempo posíbel.