Néstor Rego destaca os avances conseguidos polo BNG no acordo de investidura fronte á inacción de Feixóo

Reparto con Néstor Rego
Reparto con Néstor Rego

Afirma que é necesario pasar do acordo aos feitos e ver os resultados dos compromisos asumidos polo Goberno central

Cualifica de “hipócrita” a posición hiperreivindicativa de Feixóo contra a demora do AVE é responsabilidade ao seu partido de paralizar as obras “de maneira irregular” durante os anos 2016 e 2017

Néstor Rego destaca os avances conseguidos polo BNG no acordo de investidura fronte á inacción de Feixóo

No reparto  do folleto explicativo  do acordo de investidura á  veciñanza de Compostela, o deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego destaca os “avances conseguidos polo BNG no acordo co PSOE”, fronte a inacción de Feixóo e o Goberno galego durante décadas.

Acompañado de cargos institucionais e militantes, Rego avanzou que o BNG continuará coa campaña de divulgación do acordo en diferentes lugares de Galiza para dar a coñecer á cidadanía un acordo que permitiu “desbloquear” algúns dos problemas sociais e económicos e colocar “Galiza no mapa” no debate político sobre a “cuestión nacional, os dereitos do noso país e a capacidade para decidir sobre o seu futuro”.

Constatamos, dixo, a “magnifica valoración” que está producindo o acordo así como  o “papel do BNG no Congreso dos deputados” así como a necesidade de contar cunha forza nacionalista como o BNG que “non se somete a ningunha directriz allea aos intereses do noso país”. Esta é a diferenza, explicou, con outras forzas de ámbito estatal que nos anos anteriores foron “incapaces de resolver estes problemas”.

Rego recalcou  que agora “é necesario pasar do acordo aos feitos e ver os resultados dos compromisos asumidos polo goberno central” para mellorar a calidade de vida e benestar de todos os galegos e galegas.

Dentro dos compromisos, engadiu, algúns son urxentes como os referidos a transición xusta para As Pontón e o estatuto da industria electrointensiva e outros, como a solución aos problemas dos emigrantes retornados coa facenda española, as modificacións da lei de Violencia de Xénero, a bonificación do cen por cen para usuarios recorrentes na AP-9, están en función da negociación dos orzamentos. Nesta liña  anunciou que o obxectivo do BNG será acadar uns  orzamentos que  reflictan as  as partidas necesarias para o cumprimento do acordo.

Por outro banda, asegurou que o BNG continuará reclamando as melloras nas infraestruturas ferroviarias e o  pagamentos dos cartos que o estado adebeda  a Galiza. Neste sentido, emprazou a Feixóo a reclamar “pola vía política e xudicial” a débeda e cualificou de “lamentable” que o Presidente da Xunta non tivera actuado antes.

A demora do AVE é responsabilidade do Partido popular

 Sobre a última demora na chegada a Galiza do AVE explicou que agora coñecemos algunhas das causas que provocaron o retraso. “Os gobernos do Partido popular, durante catro anos executou menos do 50% dos investimentos e nos anos 2016 2 2017 paralizou as obras do AVE, de maneira irregular, segundo o propio Tribunal de Cuentas”. Esta, sinalou Rego, é unha das principais causas desa demora. Dende o BNG, “parécenos hipócrita a posición hiperreivindicativa de Feixóo cando a responsabilidade está no seu propio partido”.

 O BNG, remarcou, “non debe ningunha submisión a ningunha dirección de Madrid”  e seremos igual de reivindicativos co Partido Socialista para que axilice e remate  as obras, como fomos no seu día co goberno Partido popular”. Resulta “escandaloso” agardar vinte anos pola chegada do AVE a Galiza”, concluíu.