Congreso

Néstor Rego comprométese sector marisqueiro do Burgo a facer cumprir o acordo para sanear a Ría

Encontro Ría do Burgo (arquivo)
Encontro Ría do Burgo
“Hai moitas razóns para afrontar o saneamento e a rexeneración da ría. Hai razóns de caracter ambiental, incluso pode ter un maior aproveitamento lúdico e recreativo, pero hai un fundamental como xerador de actividade económica e riqueza” destacaba Néstor Rego na súa intervención
Néstor Rego, xunto ao portavoz municipal na Coruña, Francisco Jorquera; en Cullaredo, Tono Chouciño e en Oleiros, Fran Rei. Mantiveron unha reunión coa cofradía de mariscadoras e mariscadores en relación coa problemática da Ría do Burgo para abordar o desbloqueo definitivo do proxecto de dragaxe e rexeneración da Ría do Burgo.

Os obxectivos fundamentais son a rexeneración medioambiental da zona, que repercutiría moi positivamente sobre a economía da comarca que abranga toda a ría. “É unha ría cunha potencialidade inmensa. Chegou a ter a máis de 2.000 mariscadores e mariscadoras traballando nela, fronte aos 50 actuais. É un dato significativo de como está e de como pode volver a estar” apuntaba o deputado nacionalista.

No recente acordo do BNG para facilitar a investidura, un dos puntos que se inclúen, é que de maneira inmediata se retome o plan de dragaxe de rexeneración da ría, recuperando nos orzamentos de 2020 os 24 millóns de euros que xa estiveran orzamentados e que lle corresponden o Estado, o 50% do que se orza este proxecto, e ao mesmo tempo o compromiso de que se van xestionar o 50% restantes, outros 24 millóns de fondos europeos.

Durante o encontro, a confraría trasladáballe aos representantes do BNG a necesidade de que isto se fixese coa máxima urxencia. Que se fose acompasando a xestión dos fondos europeos coa tramitación cos orzamentos xerais do Estado, precisamente para tentar que este proxecto se poña canto antes. “Por parte do BNG adquirimos ese compromiso firme, tamén de estar vixiantes de que haxa un cumprimento estrito deste compromiso que se recolle no acordo de investidura” remataba apuntando Néstor Rego.

 


RELACIONADO:

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG