Montse Prado pide a Mato que "por decencia" dimita Xa!

Intervención de Montse Prado

A nacionalista cualificou de “lamentábel” que a conselleira de Traballo compareza no Parlamento para “seguir mentindo” sobre a trama dos cursos de formación investigados xudicialmente como “Operación Zeta” nun sumario no que aparecen altos cargos do PP, empresarios amigos do Goberno e a propia conselleira

Prado diríxese á Conselleira de Traballo e pide que dimita

A deputada do BNG, Montse Prado afirmou que a conselleira de Traballo, Beatriz Mato xunto a Núñez Feijóo, seguen a vella máxima de “Goebbels”, ministro de propaganda de Adolf Hitler consistente en “repetir una mentira hasta que se torne verdad”, e neste caso, dixo, contando coa colaboración dos medios de titularidade pública sobre a vinculación de cargos da consellería de Traballo coa “Operación Zeta” investigada xudicialmente por fraude na concesión de cursos de formación.

Tras a comparecencia da titular de Traballo, a petición propia, Montse Prado afirmou que, unha vez máis, Beatriz Mato fixo no Parlamento unha analoxía da “transposición Goebbeliana” para converter unha mala noticia noutra inventada. Vostede hoxe falounos dos mecanismos de control sobre os cursos de formación, cando a realidade é outra ben diferente, “un sumario policial que involucra ao seu Goberno e departamento con empresarios e amigos do Partido popular na fraude de fondos públicos”.

A deputada pediu a dimisión de Beatriz Mato ante a vinculación da consellería de Traballo nunha trama “con trinta imputados, maioritariamente empresarios relacionados co Partido popular e altos cargos da consellería de Traballo”.

Cargos da consellería de Traballo cesados fulminantemente ou purgados

Prado remarcou que nin foi a Xunta nin o Partido popular denunciaron o escándalo dos cursos, “non siga mentindo” reiterou, porque sabe que as denuncias foron d@s traballador@s de empresas relacionadas con Gerardo Crespo e outros empresarios imputados na Operación Zeta. O Goberno, o único que fixo, foi ir a “remolque” presentando documentación ante a Fiscalía, documentación da que xa era coñecedora a instancia xudicial.

Intervención de Montse Prado

Montse Prado lembrou que a propia Directora Xeral de Emprego e Formación , Ana María Díaz, “man dereita da conselleira”, en conversas cun empresario aparecidas no sumario asegura “coller o guante” ante a redacción dun novo documento para as homologacións dos cursos e aumentar os fondos.

No ano 2010 o BNG denunciou o que estaba pasando e vostedes “non fixeron nada”, si tivera decencia “dimitiría” ou ben ser cesada polo Presidente da Xunta, concluíu.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG