PARLAMENTO GALEGO

Montse Prado denuncia “a prepotencia do PP” por impedir que compareza o goberno para informar do coronavirus

Montse Prado
Montse Prado
Montse Prado traslada unha mensaxe de “tranquilidade” ante os casos detectados por coronavirus en Galiza
Montse Prado denuncia “a prepotencia do PP” por impedir que compareza o goberno para informar do coronavirus

A deputada do BNG, Montse Prado denunciou a “prepotencia do Partido popular” que impediu na reunión da Deputación Permanente a  comparecencia  do goberno en relación ás previsións contra o coronavirus, solicitada polo BNG.Prado explicou que a viceportavoz do BNG, Olalla Rodil deu lectura ao artigo do articulado do Parlamento para xustificar a introdución de solicitude de comparecencia do Conselleiro de Sanidade para explicar a situación do coronavirus en Galiza e as previsións do goberno.

Mensaxe de tranquilidade

Montse Prado insistiu en que hai que transmitir “unha mensaxe de tranquilidade” porque, a día de hoxe “non hai motivo para a alarma” pero a maneira de combater o medo, engadiu é “con información veraz”. É necesario coñecer “as medidas de contención” tomadas polo goberno e nesa liña ía a nosa petición para que comparecera o conselleiro de sanidade.

Para a deputada, o goberno galego contou con máis tempo que outros gobernos para actuar sen embargo, foi hoxe cando o Comité de saúde e hixiene laboral foi convocado por primeira vez e continúan reunidos os traballadoras e traballadoras, a pesar de que a primeira medida sempre é  “coidar ás persoas  coidadoras”. A día de hoxe, os traballadores e traballadoras públicas só recibiron un correo, pero descoñecemos con que información  e formación contan así como que medios de protección se puxeron en marcha.

Prado lembrou  a recente experiencia do évola e apelou a non incorrer nos mesmo erros como a falta  de espazos suficientes para o  illamento, e falta de recursos humanos e de medios.

Prado pide protección para os galegos e galegos fóra de Galiza

A deputada do BNG mostrou a súa preocupación polo gran número de galegos e galegas que se atopan fóra de Galiza destacando aos  estudantes de Erasmus e  oito galegos con dous menores nas Illas Canarias nun hotel en corentena dende o 24 de febreiro. Mentres os consulados facilitaron os traslados de persoas doutras nacionalidades, os galegos e galegas afectados, non recibiron ningunha información sobre o remate da corentena o vindeiro día 10 de marzo. Non saben dixo, Prado, si os someterán ao tes de verificación do virus, como serán desprazados a Galiza e si contan co certificado para embarcar como exixen as empresas de aeroliñas.

“Consideramos que existen motivos dabondo para que o conselleiro Almuíña compareza no pleno. Dende o BNG pedimos transparencia pero unha vez máis o PP impide que o titular de sanidade dea explicacións sobre a verdadeira situación e medidas en Galiza contra o  coronavirus”, concluíu.

 

Montse Prado denuncia “a prepotencia do PP” por impedir que compareza o goberno para informar do coronavirus