Montse Prado demanda implicación da Xunta para defender os barcos galegos, tras o apreixamento do arrastreiro Río Mao

Montse Prado
Montse Prado
O arrastreiro apreixado  permaneceu retido 4 días a pesar do erro das autoridades irlandesas  na estima das capturas a bordo
Montse Prado demanda implicación da Xunta para defender os barcos galegos, tras o apreixamento do arrastreiro Río Mao

A parlamentaria do BNG, Montse Prado formulou hoxe unha pregunta, na Comisión de Sanidade,  relativa á esclarecer as circunstancias do apreixamento do arrastreiro galego, “Río Mau” por parte de Irlanda.

Prado  lembrou que  pasado luns día 11 de Setembro foi apresado o  arrastreiro “Río Mau”, con base no porto de Vigo, polas autoridades irlandesas, permanecendo retido durante 4 días con toda a tripulación a bordo no porto de Casteltownbere (Irlanda).

A deputada cuestionou o apresamento do “Río Mau” e asegurou que as  propias autoridades irlandesas admiten  un erro na estima de capturas de rape e rapante a bordo.

O certo, explicou,  é que Irlanda ven de apresar por terceira vez un barco de capital galego no que vai de ano e ao igual que no caso do “Rio Mau”, as presuntas infraccións entendemos que non poden ser consideradas como algo grave, polo que “resulta excesivamente rigoroso desviar a un barco a porto, rételo e impoñer sancións elevadísimas”, baixo a ameaza de que vai ser resolto  por un xurado popular e por unha  sociedade irlandesa, na que perduran prexuízos de antano contra á pesca galega.

Hai que lembrar que “estas infraccións son sempre detectadas en augas xurisdicionais da UE e Irlanda non ten un dereito exclusivo sobre elas”, recalcou a deputada nacionalista.

Débese tamén sinalar que a flota galega leva realizado un gran esforzo social e económico para adecuarse aos recursos, e se hoxe o Gran Sol ten un bo estado de conservación débese en gran medida a este sacrificio do noso sector. Na súa opinión, “non é de recibo este acoso ao  sector pesqueiro galego”.

É preciso que o Goberno español realice de inmediato unha petición de aclaración sobre o acontecido co barco “Río Mau” e tamén que se investigue se estamos ante un feito discriminatorio atendendo a criterios da nacionalidade, ou se pola contra este “modus operandi”, das autoridades irlandesas, se aplica a outras flotas da UE.

Prado tamén recordou que, recentemente o Partido popular defendeu unha iniciativa ante as consecuencias do Brexit para protexer os intereses da frota pesqueira galega e agora atopámonos cunha actuación de Irlanda sen que o Goberno central e a Xunta se pronuncien polo que preguntou  que barcos  están sendo inspeccionados  e cantos foron sancionados. Por parte, afirmou,  o Goberno galego con  responsabilidade para velar polos nosos intereses tampouco se está implicando. Os nosos barcos, “séntense desamparados”, concluíu.

 

Montse Prado demanda implicación da Xunta para defender os barcos galegos, tras o apreixamento do arrastreiro Río Mao