Montse Prado compara a xestión de Mosquera con poñer “ao raposo a coidar as galiñas”

A nacionalista acusou a Rocio Mosquera de ser a principal artífice do “exterminio” da sanidade pública galega e “non dar a cara” ante a anulación “por sentenza do TSXG” da praza concedida ao seu marido cando a titular de sanidade era Xerente do SERGAS

 Montse Prado pide explicación á conselleira de sanidade sobre a praza do seu home

 Pleno- A deputada do BNG, Monste Prado recriminou hoxe á conselleira de Sanidade terse negado a comparecer no Parlamento galego para dar explicacións sobre a concesión da xefatura de cirurxía xeral e aparato dixestivo no CHUS ao seu home. Prado lembrou que o proceso para convocar a praza foi anulado por “desvío de poder” nunha recente sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza.

Mosquera elude dar explicacións

A deputada tamén criticou que Mosquera enviara “ no seu lugar” a unha directora xeral á Comisión de sanidade celebrada a semana pasada no Parlamento para explicar o proceso polo cal se concedeu a praza do CHUS ao home da conselleira.

Prado lamentou que Mosquera eludira dar explicación durante o debate da interpelación do BNG sobre o servizo de mantemento de equipamentos electromédicos adxudicados polo Sergas que si utilizou a nacionalista para criticar a xestión de “continua privatización”. Montse Prado comparou a súa política de Mosquera igual que poñer ao “ raposo a coidar das galiñas”.

Montse Prado interpela a Rocio Mosquera en sesión plenaria

Tras ser chamada a cuestión pola Presidenta da Mesa do Parlamento, a parlamentaria do BNG continuou coas súas críticas contra a titular de sanidade da que dixo, “non debería continuar no seu cargo” porque nunha situación de normalidade onde o Partido popular non tivera amordazada a democracia sería impensábel que vostede, cunha sentenza tan contundente e desta natureza, seguira ao fronte da Sanidade Pública galega.

As súas credenciais de “absoluta submisión” ao que deciden en Madrid para aplicar “ a privatización, o enchufismo, amiguismo e nepotismo” poñen en serio risco a continuidade da sanidade pública galega, porque os recursos públicos, “utilízaos para favorecer a empresas amigas ou ao seu home”. A deputada do BNG esixiu a dimisión de Rocio Mosquera e lamentou o “exterminio” ao que leva a sanidade en Galiza o que lle valeu outra chamada de atención de Pilar Rojo e a retirada do termo “exterminio”.

Un director Xeral de recursos económicos que por onde pasa “privatiza”

Durante o debate, a deputada denunciou as adxudicacións de mantemento electromédico a empresas privadas así como aparellos de diferentes servizos, vostedes, dixo, puxeron en mans de empresas privadas os dispositivos para diagnosticar a sanidade dos galegos e galegas, só cabe a súa dimisión e que “saque as súas garras da sanidade”.

Por outra parte, denunciou o “incumprimento” da empresa Iberman S.A en todos os apartados da adxudicación o que está a provocar, ao seu xuízo, un grave risco para os pacientes.

Tras as explicacións da conselleira, a deputada do BNG manifestou que Mosquera “minte máis que fala” e a súas afirmacións sobre o cumprimento da empresa, dixo, deixan “atónitos” aos traballadores e traballadoras que presencian o debate dente a tribuna de invitados.

Finalmente, a nacionalista tamén aludiu ao director Xeral de recursos económicos do SERGAS Pablo Torres do que dixo, “por onde foi privatizou” é resultando todo un experto en asinar este tipo de contratos, vostede Sr. Mosquera, dixo, sabeo ben porque procede da empresa privada, “Hospital comarcal de Valdepeñas, Hospital Clínico San Carlos, Hospital Príncipe de Asturias e agora o SERGAS” son claros exemplos da súa xestión coa mesma empresa, Iberman S.A, “que casualidade” concluíu.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG