Mini á Valedora do Pobo: “ Ten vostede por diante devolver o crédito que o PP lle roubou á institución”

Mini
Mini
Afirma que a  Valedoría do pobo non pode ser unha institución política partidista  porque está para dar resposta ás demandas sociais
Tras o informe do ano 2018 presentado pola actual Valedora do Pobo, María Dolores Fernández Galiño, o deputado do BNG, Xosé Luís Rivas afirmou que “ten por diante devolver o crédito que o PP lle roubou á institución”.

Despois de lembrar o “nefasto” paso da anterior valedora, Milagros Otero, acusada de desvío de poder por crear unha praza “ad hoc” á irmá do portavoz popular, Pedro Puig, afirmou que cando un sistema fai augas  enxendra inxustizas polo que  precisamos, máis que nunca, “institucións para non perder a esperanza”. Vostede, dixo Rivas, ten “unha carga maior” despois da “vergoña” á que someteu o Partido popular a Valeduría mantendo no cargo ao anterior titular na súa “teimosa intención de tapar e borrar o imborrable”. Houbo arbitrariedade na decisión  e desvío de poder na acción administrativa durante 11 meses mantendo unha situación insostible, “a corrupción sen recato do Partido popular”. E na memoria presentada pola actual Valedora recolle “parte dese descrédito”.

A pobreza, o deterioro da sanidade, o envellecemento da poboación o desemprego ou as terras abandonadas merecen  “un notable esforzo” para limpar o nome da institución e devolverlle o crédito, insistiu Rivas.

A Valedoría do Pobo está para tomarlle o pulso ás necesidades sociais, as inxustizas, á  defensa dos dereitos fundamentais e debe actuar de oficio. Para o nacionalista, a valedora debe iniciar unha “campaña de divulgación” para dicir “até onde está disposta a chegar”. O sector industrial coa “inacción do goberno” augura tempos duros, o envellecemento da poboación, o devastamento do rural onde faltan centros de día e de saúde e sobra “soidade”. A falta de logopedas no ensino obrigatorio, a cicatería nas prazas, o espolio dos recursos co destrozo medioambiental e económico, a contaminación, son algúns dos ámbitos nos que vai ter que actuar, reiterou.

A etapa pasada “foi vergoñenta” e agora tócalle a vostede darlle un xiro e actuar “de oficio” si quere darlle contido ao seu labor.

Rivas aludiu ao galego do que dixo é “a nosa forma de expresión” pero  a moitos nenos e nenas se lles está a negar  o dereito a coñecelo e mergullarse na súa lingua dando continuidade a un sentimento  de vergoña   e estigmatizando a un sector da poboación a pesar de que o idioma no que se dirixen á Valedora é nun 75% en galego e o 25 en español. Este dato, dixo, fainos pensar que ou ben os cidadáns galegos somos os máis concienciados ou estamos “nun país ao revés e contraditorio”.

Dende o BNG, dixo, somos escépticos porque desconfiamos do “sistema e do pacto” porque a anterior valedora saíu dese mesmo acordo entre o PP e o PSOE polo que pediu a titular da Valeduría “independencia” porque só así, recalcou, a institución contará con algo de sentido.
Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG