GALEGAS 2020

Mini Rivas traslada aos bombeiros e bombeiras forestais o compromiso do BNG por un novo deseño de loita contra os lumes e labores de emerxencia

Encontro traballadores forestais
Encontro traballadores forestais
O candidato do BNG, Xosé Luís Rivas reitera a necesidade dunha nova política forestal cara un monte vivo, biodiverso e multifuncional
Mini Rivas traslada aos bombeiros e bombeiras forestais o compromiso do BNG por un novo deseño de loita contra os lumes e labores de emerxencia

O candidato do BNG, Xosé Luís Rivas (Mini), mantivo un encontro coa nova  Directiva de Apropiga (Bombeiros e Bombeiras forestais de Galiza) ao que trasladou o compromiso do BNG por un novo deseño de loita contra os lumes e labores de emerxencias.

Tras o encontro, o candidato reiterou a necesidade de acometer unha nova política forestal para acadar un monte vivo, biodiverso e multifuncional. O nacionalista recolleu as demandas dos bombeiros e bombeiras forestais ante  os cambios producidos tras as conclusións do Comité de Expertos sobre o  estudo dos lumes.  A directiva de Apropiga trasladou ao candidato do BNG as dificultades ante a  falta de material, nomeadamente nas bases, que en ocasións só contemplan a utilización dun vehículo así como a insuficiencia de medidas  preventivas contra a COVID-19. Non existen zonas limpas nin sucias,  porque o material utilizado límpase no mesmo lugar onde se cambian, circuntancia que non ofrece todas as garantías de prevención nin seguridade, explicou o nacionalista.

Rivas comprometeuse a continuar cos encontros despois do proceso electoral co fin de  afondar nas diferentes problemáticas dos bombeiros e bombeiras forestais entre as que destacou, a “inestabilidade laboral” con contratos fixos discontinuos e a revisión do  servizo de extinción de incendios para reverter esta actividade en labores de emerxencia dirixidas fundamentalmente ao medio rural. A prevención de incendios, recalcou, debe ser prioritaria ao igual que a estabilidade laboral e a seguridade.

 

Mini Rivas traslada aos bombeiros e bombeiras forestais o compromiso do BNG por un novo deseño de loita contra os lumes e labores de emerxencia