Mercedes Queixas denuncia a discriminación coas persoas xordas nos centros educativos

Mercedes Queixas
Mercedes Queixas

Pregunta ao conselleiro de Educación si a súa preocupación é garantir o dereito a educación ou facer cadrar as contas

Pide  ao goberno que abandone a súa política de exclusión na escola pública e active a educación igualitaria

A través dunha pregunta parlamentaria ao goberno, a deputada do BNG, Mercedes Queixas afirmou que a medida que avanza este curso escolar “medran as evidencias dunha realidade discriminatoria coas persoas xordas nos centros educativos”.

Día tras día, explicou, multiplícanse as denuncias de familias pola  falta de recursos suficientes nos colexios e institutos que están a privar as súas crianzas da necesaria inclusión educativa como persoas xordas. Onte mesmo, as familias afectadas e os diferentes colectivos concentrábanse ás portas deste parlamento  evidenciando as súas demandas.

As familias e os colectivos de persoas xordas denuncian como cada curso teñen que  reclamar o acompañamento educativo de intérpretes de lingua de signos, ao longo de toda a xornada educativa, “un recurso fundamental para garantir a aprendizaxe das diferentes competencias e a socialización das crianzas xordas”. Un alumno ou alumna xorda que se incorpora a un centro en educación infantil, manterá esa situación ao longo de toda a súa escolaridade. Que razón pode explicar a incapacidade do PP para entendelo e actuar en consecuencia cun plan de organización e previsión adaptado a esta realidade? preguntou.

A limitación do horario de apoio por parte dun intérprete, xunto á escasa presenza de profesorado especialista de AL e PT con coñecemento de lingua de signos, está a provocar “problemas de conduta, déficit de atención, fracaso escolar e, en consecuencia,  exclusión do alumnado xordo ao  seu dereito fundamental á educación”.

Que medidas ten previsto poñer en marcha o goberno do PP para reparar a grave discriminación das persoas xordas no seu acceso a unha educación de calidade e inclusiva? recalcou  a deputada.

Tras a resposta do conselleiro de Educación, Román Rodríguez que aludiu aos protocolos e convenios para xustificar o destino dos  recursos, a nacionalista preguntou si a preocupación do titular de educación “é garantir o dereito a educación ou cadrar as contas”.

Neste sentido, Queixas lembrou a unha alumna chamada Olalla de 4 anos  que comezou o 5º curso  podendo comunicarse 8 das 25 horas lectivas. Isto é, dixo, deputada do BNG,  permanecer incomunicada 17 horas  e a raíz da  mobilización social, “a consellería ampliou  a atención a 19 horas: 6 incomunicada” polo que volveu a preguntar a Román Rodriguez, cal  era a súa  preocupación,  garantir o dereito á educación ou cadrar as contas?

Pedimos dereitos, non privilexios. A xordeira non é unha diversidade intelectual senón funcional e existe a lingua de signos” e as familias  “demandan un dereito básico, non piden esmolas”, afirmou.

A nacionalista pediu ao  PP un cambio de rumbo na súa  práctica  da privación  lingüística. “Negan a asistencia de intérpretes na sanidade e diminúen cada curso a interpretación en lingua de signos” Privan de aprender o galego e privan de aprender a través da lingua de signos. “Abandonen a súa política de exclusión da escola pública e activen a educación igualitaria”, concluíu.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG