XERAIS 2019

Maite Ferreiro: “A partir do luns o BNG voltará a ter representación en Madrid e camiñaremos con ilusión cara a alcaldía de Sarria”

Sarria
Sarria
Maite Ferreiro: “A partir do luns o BNG voltará a ter representación en Madrid e camiñaremos con ilusión cara a alcaldía de Sarria”

O BNG pechou a campaña das xerais en Sarria nun acto multitudinario  no que interviron a candidata ao Congres, Maite Ferreiro, o número dous da candidatura, Yann Pouliquen e as persoas que encabezan as listas do BNG na comarca de Sarria. Maite Ferreiro agradeceu a implicación de toda a  militancia e simpatizantes do BNG “e de todas aquelas persoas que fixeron que esta campaña servise para impulsar a un BNG que xa se demostrou como a única forza capaz de representar os intereses das galegas e dos galegos con dignidade nas institucións do estado”.

Maite Ferreiro apuntou que “para Lugo e as súas comarcas, para Galiza e para o futuro de todas as persoas que aquí vivimos a presenza do BNG no congreso será un garante da defensa dos intereses de Galiza nos centros de decisión onde se lexisla”. Maite Ferreiro pediu o voto “para darlle voz a Galiza e para a dereita extrema”. No acto interviron tamén a cabeza de lista de Samos, María Xesús López, a candidata a alcaldía do Páramo, Chus Gil, o candidato de Láncara, Iago Bande; Xosé Moscoso como cabeza de lista do Incio e Efrén Castro, candidato en Sarria que afirmou “a partir do luns o BNG voltará a ter representación en Madrid e camiñaremos con ilusión cara a alcaldía de Sarria”.

Maite Ferreiro: “A partir do luns o BNG voltará a ter representación en Madrid e camiñaremos con ilusión cara a alcaldía de Sarria”