O parlamentario do BNG, Luís Bará reclamou no Parlamento galego elaborar no prazo de tres meses , un “proxecto de conservación, mantemento, limpeza, alumeado, e ordenación da contorna da ponte medieval de Ponte Sampaio e executar estas obras ao longo do ano 2018”.
O deputado nacionalista lamentou que o Partido popular anunciara o voto en contra da proposta do BNG e recriminou ao deputado popular de Pontevedra, Jacobo Moreira que non tivera presentado ningunha iniciativa para a conservación e mantemento deste ben cultural. Son concelleiro de Patrimonio histórico no concello de Pontevedra e por iso, dixo, Bará “me preocupo pola Ponte de Sampaio pero vostede non fixo ningunha iniciativa a este respecto e teño moitas dúbidas de que sexa vostede o portavoz municipal porque máis ben parece que un portavoz a distancia ou teledirixido dende Santiago”.
Xa no debate da iniciativa, Bará insistiu na necesidade de iniciar os traballos de conservación e limpeza ademais de solventar as deficiencias dun alumeado “anticuado e insuficiente”. Na actualidade, afirmou, tamén proliferan “postes, paneis, placas e mobiliario urbano que distorsión a harmonía do monumento” é resulta necesaria unha mellora na sinalización para previr os habituais accidentes de vehículos que danan os pétris.
Por outra parte, indicou, a ponte forma parte do trazado da estrada PO-264 que atravesa os núcleos urbanos de Ponte Sampaio e Arcade, sendo competencia da Xunta de Galiza o súa conservación.
O deputado propuxo acordar un texto destinado a elaborar, entre a Xunta de Galiza e os concellos de Pontevedra e Soutomaior, un proxecto de conservación, limpeza e alumeado da contorna da Ponte de Sampaio executando estas obras durante o período do ano 2018. A proposta do BNG non foi aceptada polo grupo parlamentario do Partido popular o que impediu que a iniciativa prosperara.