Luís Bará insta á Xunta a implicarse e buscar unha saída para a empresa Maderas Iglesias

Ana Pontón e Luís Bará c@s traballador@ Maderas Iglesias
Ana Pontón e Luís Bará [email protected] [email protected] Maderas Iglesias

Lembrou que os  traballadores permanecen en folga dende o  pasado 28 de agosto para denunciar os incumprimentos da empresa e os impagos de salarios e pagas extras

Luís Bará insta á Xunta a implicarse e buscar unha saída para a empresa Maderas Iglesias

O deputado do BNG, Luís Bará levou de novo hoxe ao pleno do Parlamento galego a crítica situación dos traballadores e traballadoras de Maderas Iglesias en folga indefinida dende o pasado 28 de agosto para denunciar os reiterados incumprimentos de compromisos da dirección da empresa e  impagos dos salarios e  pagas extras. O parlamentario formulou unha pregunta ao conselleiro de Industria e  Emprego, Francisco Conde sobre as xestións realizadas polo goberno.

O deputado sumou á  actual situación económica dos traballadores e traballadoras a conxelación salarial dos últimos 8 anos e o vencemento do convenio no ano 2014 así como os enormes sacrificios dos últimos 10 anos e  a loita que protagonizaron nos últimos meses en defensa da continuidade e viabilidade da empresa. O  persoal, afirmou, síntese estafado pola falta de información e  compromisos do propietaria ademais dunha  maior implicación do goberno galego como recolle o  acordo parlamentario do pasado mes de outubro de 2017.

Bará salientou que a empresa  Maderas Iglesias conta con máis de 200 postos de traballo, na súa maioría mulleres, da zona sur da provincia de Pontevedra, unha área que está a sufrir un acelerado proceso de desindustrialización e na que resulta vital manter proxectos empresariais con emprego estábel e de calidade polo que reiterou a necesidade dunha solución.

BARÁ  PIDE A CONDE QUE DEIXE DE SER AVALISTA DA EMPRESA E DENFENDA OS POSTOS DE TRABALLO

Pola súa parte, o conselleiro de Emprego, Francisco  Conde manifestou que os traballadores e traballadoras deberían abandonar a folga porque entorpece a busqueda dunha solución ao que o nacionalista respondeu preguntando se o  conselleiro lle está a pedir  ao persoal “que vaia a traballar sen cobrar” e explicou que levan sen ingresar os salarios dende hai meses e tamén as pagas extras e pediu respecto polo dereito lexitimo á folga. Os traballadores e traballadoras, engadiu Luís Bará,  queren que se cumpran os compromisos, que se posibilite a entrada dun fondo inversor e que a Xunta garanta “unhas mínimas condicións”. Póñase  ao fronte e dea a cara para defender os postos de traballo dunha empresa que recibiu recursos da Xunta. “Non sexa avalista da dirección e busque unha solución a unha empresa que é viable e ten futuro”, concluíu.