Parlamento Galego

Luís Bará cualifica de “portalón xiratorio” a fichaxe da exconselleira Bea Mato pola empresa Greenalia

Luís Bará
Luís Bará
Luís Bará  afirma  que as empresas privadas pagan o “trato de favor” da Xunta con contratacións de altos cargos e afirma que “algo cheira a podre en Teixeiro, Greenalia e San Caetano”

O deputado do BNG, Luís Bará cualificou hoxe de “portalón xiratorio” a fichaxe da exconselleira Beatriz Mato pola empresa  Geenalia e lamentou que o director de Función Pública eludira as preguntas formuladas polo BNG sobre a contratación da extitular de Medio Ambiente así como a relación coa empresa e a tramitación e aprobación de proxectos durante o exercicio do seu cargo.

O deputado explicou que a lei é clara e impide, no prazo de dous anos, a contratación dun alto cargo por unha empresa privada relacionada con expedientes ditados durante  o cargo pero a realidade, dixo, Bará  é que tanto a dirección xeral de Calidade ambiental como a de  Conservación da natureza, dependentes da consellería de Medio Ambiente da que era conselleira Beatriz Mato, “tomaron decisións para tramitar e aprobar proxectos da empresa Greenalia”  na súa división da biomasa para usos enerxéticos e mesmo  forzando  cambios legais “descaradamente” como fin de  favorecer os intereses da empresas así como a tramitación dos parques ambientais.

Bará reiterou que existiu “unha intervención directa ou indirecta da exconselleira” para favorecer a Greenalia e por moito que a Xunta queira tapalo é “unha realidade incuestionable”. O que queda claro, recalcou o nacionalista é que “algo cheira a podre en Teixeiro, en Greenalia e agora en San Caetano”. Na súa opinión existe un entrado de empresas que conta co favor da Xunta, “favor que é devolto a través das portas xiratorias”.

O parlamentario lembrou que a directora xeral de cambio climático, (subordinada de Bea Mato) que asumiu “todas as hostias” durante este tempo e agora foi cesada, formou parte das testaferros da conselleira Mato para “facer o traballo sucio” e que a titular de Medio Ambiente non manchara as mans. Por outra banda denunciou os cambios legais no ámbito municipal tamén para favorecer os intereses desa empresa e doutras do “looby pasteiro, enerxético, forestal”.

Na súa intervención na comisión de Ordenación Territorial, celebrada hoxe no Parlamento galego,  o deputado do BNG  aludiu ao “choque” entre o conselleiro de Industria e o propietario de Greenalia que finalmente foi resolto dando luz verde aos proxectos da empresa e “colocando á conselleira na empresa”.  Bará concluíu afirmando  que o BNG denunciará  todas as irregularidades derivadas do trato de favor do goberno a empresas privadas que rematan con auténticos  “portalóns xiratorios” como quedou demostrado coa contratación da exconselleira de Medio Ambiente, concluíu.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG