Jorquera: "Esiximos que Feijóo explique a corrupción que salpica o seu partido"

O portavoz parlamentario advertiu que a comparecencia de Feijóo sobre medidas de impulso democrático, pode converterse “nun lavado de cara” e servir de pretexto para recortar dereitos

Jorquera ante os medios de comunicación

Tras a Xunta de portavoces celebrada hoxe no Parlamento galego para dar curso á petición da Xunta do pleno extraordinario no que comparecerá Núñez Feijóo de medias de impulso democrático, o portavoz do grupo parlamentario nacionalista, Francisco Jorquera anunciou que o BNG presentará propostas contra a corrupción e esixirá que Feijóo explique as súas “perigosas relacións” con Marcial Dorado e Pachi Lucas.

O PP utiliza o Parlamento de escenario e a deputados/s de ouvintes

Para o nacionalista, o Partido popular pretende utilizar o Parlamento galego como un escenario ou decorado no que os deputados e deputadas sexan os ouvintes polo que amosou o seu voto contrario ao formato de pleno extraordinario proposto pola maioría do PP, “do que descoñecemos data e tempos de intervención”, só sabemos que non poderán presentarse propostas para loitar contra a corrupción.2

Por outra parte, Jorquera lembrou que Feijóo non compareceu antes do remate do período de sesión, comparecencia á que se comprometera).Pola súa parte o grupo popular tamén se opuxo, coa súa maioría parlamentaria a habilitar o mes de xaneiro. De feito,dixo, a Xunta de portavoces de hoxe estaba convocada para elaborar dúas comisión non permanentes e non unha comparecencia deste calado e con estas características.

Na Xunta de portavoces, explicou, non se informou do día que a presidencia do Parlamento ten previsto para o pleno extraordinario, nin se permitiu debater a súa estrutura, tempos de intervención do presidente da Xunta e dos grupos parlamentarios e ademais a maioría do PP impide que os grupos parlamentarios presenten propostas de resolución contra a corrupción como reclamou o BNG.

A institución básica dunha democracia é o Parlamento, recalcou o deputado, e debe ser este órgano quen decida que medidas son necesarias para a “rexeneración democrática”. Con este xeito de proceder, a Xunta e os órganos reitores da Cámara pretende utilizar o Parlamento para que Feijóo “faga propaganda”. Se esa é a intención do PP “mal empezamos” e o que aconteceu hoxe avala a sospeita do BNG de que Feijóo quere “ un lavado de cara”.3

O PP rexeita sistematicamente investigar na Cámara galega os casos de corrupción

O portavoz do G.p do BNG lembrou que foi a maioría parlamentaria do PP a que vetou crear unha comisión para investigar a fraude dos cursos de formación, explicar as causas dunha interminable lista de imputados/as do PP en Galiza e paralizar a Comisión de Estudos para as medias contra a corrupción. O BNG, recalcou, presentará as súas propostas a pesar da maioría do PP porque existen “liñas vermellas que nunca deben ser traspasadas”.

Neste sentido asegurou que o impulso democrático non debe confundirse “co recorte de dereitos” e cuestionar agora a “inviolabilidade dos deputad@s” contradí a liberdade de expresión. Para combater a “corrupción sistémica” debemos atacar as súas causas entre elas, “acabar coas portas xiratorias e impedir os recortes nos servizos públicos”.

Jorquera concluíu reiterando que o BNG presentará unha batería de propostas nesta liña.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG