Ana Pontón

Feixóo ten que aclarar se está con Galiza ou coa extrema dereita que quere ilegalizar o BNG as institucións galegas

Ana Pontón
Ana Pontón
A portavoz nacional, Ana Pontón, considera que o debate a cinco entre os candidatos das forzas estatais só fixo dar novos motivos para votar BNG.

Por tres razóns: constatou a ausencia de Galiza, -salvo mencións anecdóticas ao longo de tres horas-, a persistencia do circo e a irresponsabilidade na que están inmersas as forzas estatais e, finalmente, tamén interpela a Feixóo para que aclare se apoia os pactos do PP coa extrema dereita que quere ilegalizar as institucións democráticas galegas e a unha forza nacionalista como o Bloque.

A líder nacionalista fixo fincapé na extrema dereita que, en prime time, pediu a ilegalización das institucións democráticas galegas, a ilegalización da autonomía, do autogoberno e dunha forza como o BNG, que ten como obxectivo a defensa de Galiza. Polo que interpelou directamente a Feixóo sobre os pactos do PP cunha extrema dereita que pretende ilegalizar Galiza.

“Houbo unha forza política coa que pacta e goberno o PP de Feixóo que pediu a ilegalización das institucións de autogoberno de Galiza, que había que ilegalizar ao Parlamento galego, á Xunta e a forzas políticas democráticas como o BNG, única e exclusivamente por defender os intereses deste país”, recalcou, por iso, “quero emprazar a Feixóo porque non pode seguir calado e de perfil cando o Seu partido está gobernando cos que queren suprimir e ilegalizar o autogoberno de Galiza, suprimir e ilegalizar a forzas políticas democráticas”, recalcou.

“Feixóo ten que dicirnos antes do 10N de que lado de está: se está do lado da democracia ou está do lado dos que queren liquidar o autogoberno de Galiza, é importante que no lo aclare, senón di nada, será cómplice dos que queren que Galiza non exista, ten que aclarar se  está a favor ou non dos pactos do seu partido con quen quere ilegalizar as institucións democráticas de Galiza”, demandou.

Igualmente denunciou a ausencia dos problemas do país do debate.

“Vimos un debate de tres horas no que Galiza volveu ser unha anécdota, unha anotación a pé de paxina, unha nova constatación de que se queremos ter voz propia, se queremos que os intereses deste país pesen no Estado é necesario que o BNG teña representación no Congreso a partir do 10N. Somos a única garantía de que os problemas deste país e da súa xente van estar, a única garantía para cambiar o pasotismo e a discriminación pola defensa dos seus intereses dos galegos e das galegas”, alegou.

Pontón tamén denunciou a persistencia do bloque e do “espectáculo lamentable no que está convertido a política española”, un falso debate “no que pesaron máis os egos, a frivolidade, e moi pouco darlle alternativas reais ante aos problemas do país, cuns candidatos que parecen moi cómodos perpetuando unha situación de bloqueo”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG