Día da Visibilidade Bisexual: Combatamos todas as fobias!

LGBTI
LGBTI

O BNG súmase o Día da Visibilidade Bisexual que se celebra cada  23 de setembro desde hai case 20 anos.

Día da Visibilidade Bisexual: Combatamos todas as fobias!

Para alén da discriminación que partillamos con outros grupos dentro do colectivo LGBT, as persoas bisexuais sufrimos unha discriminación específica denominada “bifobia” baseada en preconceitos moi estendidos –tanto dentro como fóra do proprio colectivo– que nos invisibilizan e negan a nosa identidade sexual.  Como consecuencia, as taxas de problemas de saúde mental (depresión, alcoholismo, autolesión...) e suicidio son máis elevadas entre as persoas bisexuais do que no resto do colecto,  que xa son moi superiores á media.

Hai moitas persoas que cren erroneamente, por exemplo, que quen se identifica como bisexual é “metade heterosexual e metade homosexual” cando, en realidade, se trata dunha identidade sexual propria, caracterizada por sentir atracción física e/ou afectiva tanto para mulleres como para homes (sexa cis ou trans) e que non se define en función do xénero da persoa con quen estiver nunha relación ou con quen mantiver relacións sexuais nun determinado momento.

Tampouco se trata dunha simples moda, dunha fase ou de que estexamos [email protected], nin que en realidade sexamos persoas homosexuais que non nos atrevemos a recoñecelo, nin que queiramos seguir a gozar dos privilexios heterosexuais.

Quen se identifica como bisexual tampouco ten necesariamente máis relacións sexuais do que calquer outra persoa, nin somos responsábeis de “propagarmos” o VIH/SIDA e outras infeccións sexualmente transmisíbeis. Cumpre lembrar que non existen grupos de risco, só prácticas de risco.

Aproveitamos esta efeméride, pois, para desenmascarar e combater algunhas das falacias máis destacadas que estigmatizan, marxinan e invisibilizan as persoas bisexuais para contribuírmos a acabar coas consecuencias nefastas que provocan para unha parte importante das persoas que vivimos na Galiza e para [email protected] podermos viver en plena liberdade.

Desde o BNG, rexeitamos todas as formas de LGTBfobia e desde o Grupo de Traballo LGTBI traballamos man na man coas organizacións LGTB de base para crearmos unha Galiza en que cabemos [email protected] e todos.


 

Día da Visibilidade Bisexual: Combatamos todas as fobias!