Davila pide a comparecencia de Tejerina por un Acordo Lácteo que exclúe demandas importantes

OLAIA PLENO DE PE 2A portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, solicitou a comparecencia da Ministra de Agricultura, Isabel García Tejerina, para que acuda á sede parlamentar a explicar o denominado Plan de Apoio ao Sector Lácteo, subscrito entre a industria, as cadeas de distribución, Goberno e “só unha parte das organizacións agrarias”.

Pón de manifesto que as principais organizacións agrarias que “aglutinan á maior parte do sector, negáronse a asinar un Acordo que non inclúe as demandas máis importantes dos produtores como a relativa á clarificación do que é prezo sostíbel”. A deputada do BNG quer saber por qué razón non se tiveron en conta plantexamentos tan importantes dos sector, “o verdadeiramente afectado pola caída dos prezos do leite”.

Débese cambiar o das marcas brancas

Davila considera que Tejerina debe dar explicacións na Cámara e respostar ás preguntas que “fagamos os grupos parlamentares”. Ademáis, para Davila o Ministerio debe ter un papel relevante á hora de traducir o acordo a normas ou leis con medidas concretas. Nese sentido, a deputada do BNG propón que se cre unha Comisión de Seguimento gubernamental, contando coa participación das CC.AA para vixiar o cumprimento do acordo e evitar que se repita o sucedido nos últimos anos”.

Unha das cuestións sobre as que a deputada do BNG chama a atención é a relativa ás marcas brancas. “Consideramos necesario revisar a lexislación sobre a existencia das marcas brancas de cadeas de distribución e que se demostrou como un elemento de extorsión e de engano”. Por iso, insta a Tejerina a modifica a lexislación no que atinxe ás marcas brancas do leite porque os seus efectos negativos están “máis que demostrados”. “É consciente de que a lexislación vixente permite ás cadeas de distribución colocar nos lineais os seus produtos en forma de marca branca?”, pregunta Davila.

A deputada nacionalista quer que a Ministra estude esta “laxitude lexislativa” e cambie a lexislación.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG