A portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, realizou hoxe unha dura crítica a Rajoy por utilizar as institucións para facer eleitoralismo e propaganda de última hora, en alusión á rebaixa do IRPF, adiantando a súa aplicación a este exercicio 2016 cando sempre falou de facelo para o ano 2016.
Para a portavoz do BNG Rajoy non ten ningunha credibilidade. Ninguén confía xa na súa palabra porque se adicou toda a lexislatura a aprobar e a aplicar uns recurtes bárbaros, dramáticos para moita xente. Agora reduce o IRPF mentras mantén os recurtes que seguimos soportando en importantes eidos como a sanidade, a educación ou os servizos sociais. Sinalou que é o artífice de que teñamos unhas taxas de probeza nunca vistas.
Davila minimizou o alcance da medida que entrou en vigor o 1 de xullo, subliñando que non vai ter grandes repercusións nos petos da xente, pero que si vai ter un impacto importante nos ingresos do estado.. Para a deputada do BNG o xeito de facer política do PP é dunha enorme hipocresía. Pensa que nos engana con caramelos, mentras deixa de lado o fundamental. Os recurtes siguen vixentes en sanidade, educación e servizos sociais, e a xente segue a vivir con salarios moi reducidos.
O PP é especialista en manipulacións económicas
Ademáis, a portavoz do BNG alertou sobre as manipulacións de dados económicos do Goberno do PP que a mediados de ano ten por costume vaticinar un medre do PIB que non se corresponde cos dados reais a final de ano. Agora falan dun crecemento do 3%. Invéntanse unha suba do PIB para vender un mundo idílico inexistente e que logo é superado pola realidade. Non hai ano que non tiveran que correxir a previsión de medre do PIB. É outra das súas bandeiras para facer eleitoralismo barato.
Davila salienta as falsedades do PP e as súas manipulacións de dados económicos. Son únicos facendo ofertas eleitorais de última hora cando están aplastando á xente co seu austericidio. Se tiveran tido auténtico interese en remediar a súa nefasta política, teríano feito antes. Véselles o plumeiro demasiado.
En relación ao anuncio de Rajoy de tramitar os Orzamentos do Estado, Davila advertiu que o PP vai plasmar as súas mintiras eleitorais nos Orzamentos. Vai utilizar de xeito partidista os Presupostos para presentarnos un mundo de fantasía, cando todo o mundo sabe que nunca os cumpriu, que foron modificados cada ano por Reais Decretos e que non teñen credibilidade. Son papel mollado.