Davila acusa ao PP de "anti democrático" por prohibir o debate sobre a autodeterminación

Davila acusa ao PP de "anti democrático" por prohibir o debate sobre a autodeterminación

A portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, acusou hoxe ao PP de ser “total total e absolutamente anti democrático” ao prohibir o debate da proposición de lei conxunta BNG, ERC e Amaiur, sobre o dereito de autodeterminación.

Na xunta da Mesa do Congreso, o PP fixo valer os seus cinco votos para rexeitar a admisión a debate da proposición de lei. Un debate que non censuraron os demáis compoñentes da Mesa, o grupo socialista e o grupo de CIU. Tratábase simplemente de que a proposición de lei sobre o dereito dos pobos a decidir pasase a ser debatida nun pleno.

As deputadas do BNG, Olaia Fernández Davila e Rosana Pérez, compareceron xunto con parlamentares de ERC e Amaiur para denunciar a prohibición do PP.

O PP quer evitar un debate democrático

Máis, lamentou Davila, “o PP aduce razóns absurdas porque no fondo o único que quer é evitar un debate. Un debate perfectamente democrático que é bón que se produza nesta Cámara, un debate que está presente na rúa, que se está a dar con máis ou menos viveza nas nacións do Estado que a Constitución recoñece como nacionalidades históricas”.

“O PP simplemente está aplicando a censura. Prohibe temas sobre os que falar”, enfatizou.

A portavoz do BNG deixou claro que o BNG se vai sumar ás accións que as tres formacións asinantes van adoptar e que en primeiro lugar pasan pola presentación dun recurso contra a decisión da Mesa do Congreso adoptada cos votos do PP.

Davila acusa ao PP de "anti democrático" por prohibir o debate sobre a autodeterminación