Crítica do BNG á reforma da Lei do Aborto do PP: "É para contentar ás súas bases fundamentalistas"

TVE 008A portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, criticou duramente ao PP por presentar hoxe unha proposición de lei de reforma do Aborto na cuestión relativa ás menores que “non era necesaria

Davila reprochou ao PP a “súa actitude demagóxica que presenta unha proposta de reforma para respostar unicamente ás súa bases fundamentalistas, manipulando o que se contempla no artigo 14.13 da Lei actual na que se estabelecen todas as cautelas para que as mulleres menores de 18 anos poidan interrumpir o seu embarazo”.

“A reforma do PP é innecesaria”

“Inclúese na lei o coñecemento da situación por parte dos titures legais, pero nos casos nos que as relacións familiares son conflitivas ou problemáticas, que impiden as normais relacións paterno-filiais, a lei garante ás menores o seu dereito a interrumpir os embarazos, sempre que conten co correspondente Informe dos Servizos Sociais” ,explicou a deputada do BNG. Polo tanto, indica, “estamos ante unha reforma innecesaria que só obedece a criterios ideolóxicos”.

Davila puxo de manifesto que “desde a aprobación da lei vixente non se ten producido absolutamente ningún problema. É irrelevante o número de mozas que abortaron sen o coñecemento dos seus proxenitores”. Polo tanto, concluiu a parlamentar nacionalista, “o PP f ai unha proposta que non é para mellorar a actual lei senón para empiorala. Abócase ás menores a facer abortos que non contan coas garantías xurídicas e sanitarias axeitadas”.

Ademáis, finalizou a deputada do BNG, “debemos denunciar que mentras o PP aproba medidas restritivas, nada fixo para incentivar as políticas preventivas que eviten embarazos non desexados, como se recolle na vixente normativa”. E engadiu que non “só non se impulsaron medidas de políticas preventivas senón que incluso se eliminaron servizos e programas de prevención”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG