O BNG rexeita o teito de gasto porque o resultado dos recortes "é nefasto"

O BNG rexeita o teito de gasto porque o resultado dos recortes "é nefasto"

A deputada do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, deixou claro no pleno o rexeitamente do BNG ao teito de gasto porque as consecuencias das políticas de recortes “non poden ser máis nefastas”.

Davila afirmou que despois da modificación constitucional pactada entre o PP e o PSOE, o “problema non é só o límite de gasto senón en que se vai gastar”. E o problema, puntualizou, é que o Goberno insiste en manter como prioridades da súa política económica a reducción do défice. “E o resultado non podes er máis nefasto”.

A deputada do BNG advertiu de que a política centrada en exclusiva en controlar o défice cun “drástico axuste para 2013, provocará máis crise, 6 millóns de parados e o desmantelamento de servizos públicos”.

Davila reprochou que se exixa ás CC.AA o maior esforzo xa que xestionan a maior parte do gasto social. E lembrou que a porcentaxe de défice a elas atibuíbel é menor que o gasto que xestionan. “Pero as exixiencias de reducción son maiores, o que incluso provocou o malestar de CC.AA do PP”. Criticou que se exixa ás CC.AA ter que pasar do 1,5 ao 0,7 de défice, mentras o Estado pasa do 4.0 ao 3.8.

A deputada do BNG sinalou que os recortes impostos ás CC.AA supuxeron o desmantelamento do Estado de Benestar.

Outras medidas son posíbeis

Davila demandou outras políticas para o 2013, centradas na recuperación económica. Así, falou da necesidade de eliminar as deputacións, reducción do gasto militar e da Casa Real, e a eliminación das exencións fiscais á Igrexa Católica que non paga IBI.

Tamén apostou por unha reforma fiscal máis progresiva, a loita contra a fraude fiscal de grandes patrimonios e grandes empresas. Igual que a actuación sobre os beneficios bancarios, sobre as grandes empresas multinacionais e os seus accionistas e altos patrimonios. Criticou a suba do IVE, o descenso dos salarios e o incremento do paro.

Davila lementou o “entreguismo do Goberno empeñado en actuar como un Goberno títere cuxos fíos se manexan desde a Troika, algo que raia a inconsciencia e a irresponsabilidade. Calquera diría que perderon a cabeza se non fose porque sabemos que no fondo hai ideoloxía de dereitas e ultraliberal”.

Por iso, “a súa insistente tozudez en cargar os custes da crise sobre a poboación máis desfavorecida, traballadores, pensionistas, parados ou estudantes, é unha mostra de que só teñen por obxectivo desfacer o Estado de Benestar”.

Pero, alertou, “non se equivoquen, a xente se está cansando, incluso os que lles votaron, e aínda que confíen nun agosto de sol e praia que todo o cura, non será así. Virá setembro cun IVE polas nubes, con pais pagando o material escolar a prezo de ouro, con familias e cidadáns aos que non lles saen as contas. Están axitando as augas Señor Ministro, teñan presente o malestar cidadán amosado o pasado 19 de xullo”.