parlamento europeo

O BNG rexeita a discriminación do galego na UE decidida polo goberno español

Ana Miranda (Foto: Delmi Álvarez)
Ana Miranda (Foto: Delmi Álvarez)
Ana Miranda: “Para o Bloque todas as linguas son de primeira”

Diante da decisión do goberno español, -trasladada hoxe polo ministro Albares-, de implantar a oficialidade de galego, éuscaro e catalán de forma gradual dando prioridade a unha das tres linguas, a eurodeputada do BNG, Ana Miranda, subliñou que para o Bloque “non hai linguas de primeira e de segunda, senón que todas son de primeira”.

“Dende o BNG dende Bruxelas lamentamos a decisión do goberno español hoxe transmitida no Consello da Unión Europea de priorizar unhas linguas sobre outras”, manifestou Ana Miranda tras coñecer o resultado da reunión dos ministros de Asuntos Xerais da Unión Europea. Neste sentido, a eurodeputada nacionalista reclama igualdade de trato para o galego ao recalcar que para o Bloque “non hai linguas de segunda” e esa discriminación foi unha decisión unilateral do goberno español.

Sen prazos

Por outro lado, Miranda critica a ausencia de prazos para implantar a oficialidade das tres linguas e sinala que desde o Bloque “agardamos que solicitar un ditame xurídico sobre as consecuencias da oficialidade de galego, catalán e éuscaro e un análise do seu impacto económico non sexa unha manobra para alongar sine die a súa implantación”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG