O BNG reprocha a AGADIC non incentivar o grande potencial do Audiovisual galego

O deputado do BNG, Cosme Pombo acusa ao Goberno de falta dunha política que fomente e poña en valor o audiovisual galego

Cosme Pombo

O parlamentario do BNG, Cosme Pombo, tras a comparecencia do director da Axencia Galega das Industrias Cultuais, AGADIC para analizar a situación do sector audiovisual, asegurou que os indicadores do sector arroxan un “descenso xeral de espectadores, recadación, rodaxes e estreas” e segundo os datos aportados polo propio titular de AGADIC confirman que foron investidos 20 millóns de euros entre os anos 2009-2015 “como gran proeza”, sen embargo dende a última comparecencia, en ano e medio perdéronse 32 empresas galegas do audiovisual das 390 que existían.

A Xunta non apoia nin pon en valor o gran potencial do sector audiovisual en Galiza

No BNG, dixo, o parlamentario Cosme Pombo, “estamos fartos de ouvir que a Xunta e o AGADIC apoia ao sector” que o incentiva e pon en valor as características do audiovisual galego cando en realidade hai “unha falta de miras do goberno galego, continuos recortes en cultura e falta dunha política do audiovisual”. Un sector, dixo, que ten demostrado a súa capacidade e creatividade pero que padece unha “grave precariedade”.

O deputado lembrou que na última comparecencia do director xeral do AGADIC, Jacobo Sutil afirmou que o sector do audiovisual era un sector “puxante e moderno que mudou nas últimas décadas grazas aos grandes creadores e profesionais” pero os datos, recalcou o deputado, confirman que as “empresas mingúan e os seus traballadores/as son sometidos a unha grande precariedade”.

Cosme Pombo na Comisión de Sanidade

Non podemos aceptar, afirmou Cosme Pombo que polo feito de que este ano sexan publicadas dúas ordes de axudas isto sexa algo “magnifico”, nós, explicou, o nacionalista, lamentamos que se pretenda presentar este feito como algo extraordinario porque o normal sería que as axudas foran publicadas en xaneiro e febreiro, sobre todo para aqueles proxectos que solicitarán axudas do Instituto Cinematográfico de Artes Audiovisuais que oferta axudas para longametraxes, produción, distribución e festivais no mes de marzo e abril. O normal, en opinión do deputado, sería que nos meses de xaneiro e febreiro fora todo convocado.

O BNG lamenta os “atrancos e recortes” no audiovisual por parte do AGADIC, un sector que acumula o 10% dos traballadores/as do Estado, recoñecido internacionalmente e que podería converterse nunha industria de transmisión dos sinais da nosa nación, comezando pola nosa lingua.

No ano 2009 ás axudas do AGADIC para a produción audiovisual en galego destinou 5M€, para o talento audiovisual 400.000 euros, desenvolvemento de contidos en lingua galega, 350.000 euros, para proxectos 500.000 euros, produción de curtametraxes en lingua galega 200.000 euros, ano 2009, “antes da xestión de Feijóo” pero se nos trasladamos ao ano 2016 as subvencións sitúanse para produción cultural en lingua galega 2,5M€ que non chegarían aos 6,5M€ do ano 2009, un grave recorte a pesar de que o Goberno galego segue a a falar dun “reponte na economía galega”,concluíu o deputado do BNG.

Máis en Novas
Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG