O BNG reclama protección para os traballadores e traballadoras e inspeccións para verificar que se cumpre a seguranza

Ana Pontón
Ana Pontón
Ana Pontón  considera que a reactivación da actividade económica non esencial é unha  decisión  “precipitada e errónea” e pide a Xunta e as empresas que garantan as condicións de protección e seguridade
O BNG reclama protección para os traballadores e traballadoras e inspeccións para verificar que se cumpre a seguranza

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón  reclama á Xunta e as empresas poñer a disposición dos traballadores e traballadoras  todas as medidas necesarias de “protección e seguridade”, ante a reactivación da actividade económica non esencial prevista para mañá luns, 13 de abril.

Pontón reitera que o primeiro é “salvar vidas” polo que considera “unha decisión precipitada e errónea” reactivar toda a activade económica non esencial. O primeiro, afirma, “é a saúde” dos traballadores e traballadoras. Neste sentido, a Xunta, as empresas e o Goberno central deben garantir as medidas de protección e poñer en marcha “un plan de inspección” para verificar que as condicións de seguridade establecida se cumpren en todos os postos de traballo.

O BNG comparte a preocupación polo impacto económico da crise do coronavirus e  recalca que o prioritario neste momento é “salvar vidas” e garantir o dereito a saúde dos traballadores e traballadoras coas medidas de protección axeitadas.

 

O BNG reclama protección para os traballadores e traballadoras e inspeccións para verificar que se cumpre a seguranza