O BNG prepara xa as eleccións Galegas e “irá a por todas” para liderar a alternativa ao PP

O BNG prepara xa as eleccións Galegas e “irá a por todas” para liderar a alternativa ao PP

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón  afirma que o 26M consolidou “un novo ciclo” para Galiza co ascenso do BNG e anuncia  que o Bloque Nacionalista galego prepara ás eleccións galegas do 2020 ás “irá a por todas  para liderar a alternativa ao Partido popular”.

Na comparecencia ante os medios de comunicación, a líder do BNG valorou os recentes pactos, tras os resultados das eleccións municipais dos que dixo, o BNG acadou 456 concelleiros e concelleiras, 28 alcaldías e o cogoberno en 18 municipios,  que confirmando “o ascenso do BNG” e o noso compromiso para seguir desenvolvendo  modelos nos concellos con novos deseños de vida e cidades.

Pontón manifestou que os resultados do 26M tamén confirman “o declive do Partido popular que non obtén ningunha alcaldía nas cidades” e como mellor  retrato, explicou temos  Ourense. Sobre esta cuestión lembrou que o propio Feixóo no mes de maio afirmaba que “Jácome sería letal para Ourense”  pero, agora  a Feixóo “non lle importa hipotecar o futuro de Ourense con tal de manter o cacicato dos Baltar”. Para Feixóo, engadiu Pontón,  “a política é manterse no poder, caia quen caia e custe o que custe”. Feixóo practica unha “política sen ética, principios e valores” e dende o BNG temos claro que a política sen valores e principios convertese “nun mercadeo”, recalcou.

O BNG prepara xa as eleccións Galegas e “irá a por todas” para liderar a alternativa ao PP