PARLAMENTO GALEGO

O BNG pregunta ao SERGAS polo informe encargado a consultorías privadas e de fóra de Galiza sobre un novo modelo de Atención primaria

Montse Prado
Montse Prado
Montse Prado critica o contrato de consultorías foráneas cando existen en  Galiza  15 Comisións Técnicas, con  máis de 200 persoas de diferentes  ámbitos  da Atención Primaria que levan sete meses traballando na proposta
O BNG pregunta ao SERGAS polo informe encargado a consultorías privadas e de fóra de Galiza sobre un novo modelo de Atención primaria

A parlamentaria do BNG, Montse  Prado preguntou hoxe ao director Xeral de Asistencia sanitaria, Jorge Aboal polo informe encargado a consultorías privadas e de fóra de Galiza sobre un novo modelo de Atención Primaria cando existen “15 comisións galegas con máis de 200 persoas de diferentes  colectivos de Atención primaria traballando na proposta, dende hai sete meses”.

A deputada explicou que en  resposta á situación de deterioro da Atención Primaria denunciada por un grande número de colectivos,  profesionais, sindicatos, organizacións veciñais, organizacións científicas, organizacións sociais, organizacións de [email protected], organizacións políticas... e a convocatoria de folga, no mes de abril, o Sergas decidiu   crear unha mesa de diálogo solicitada polos Sindicatos e  Comité de Folga, para avaliar e analizar a situación da Atención Primaria con  propostas para a súa mellora, así como  elaborar un novo modelo de Atención Primaria en Galiza que resolva  os gravísimos problemas denunciados.

Neste contexto, engadiu a nacionalista, o pasado  13 de novembro, a Consellaría de Sanidade presentou un documento titulado “Por unha atención primaria vertebradora del sistema de salud. Documento estratégico y de gestión (noviembre 2019)” coa súa   presentación en castelán, circunstancia que foi cualificada pola deputada  de “novo agravio da consellería contra o idioma galego”  

O documento,  presentado por varios “expertos”, dunha “comisión” encargada pola Consellaría de Sanidade formada por 16 persoas, entre elas  Rafael Bengoa e Jordi Varela, de  “consultorías privadas de fóra de Galiza” non é vinculante como informou o propio xerente do Sergas, polo tanto, dixo a autora da iniciativa, estamos ante tres propostas diferentes da Xunta: “Un Plan Galego de Atención Primaria 2019-2021, un documento de “expertos” e o Consello Técnico de AP”. Ante esta situación preguntou cal é o obxectivo de ter lanzado dende ámbitos diferentes de traballo un  novo Modelo de Atención primaria, porque foi encargado a unha comisión de expertos e expertas de consultorías privadas e de fóra de Galiza, con que custe económico, como foi cobrado e en que conceptos.

Ademais, a parlamentaria tamén se interesou pola conciliación entre  as propostas do Consello Técnico e do grupo de expertos e expertas e que orzamento está previsto no 2020 para a súa aplicación.

Tras a resposta do responsable do Sergas, a nacionalista criticou que xustificara o pago a uns expertos  mentres hai  profesionais da Sanidade pública que non contan  para o Partido popular con esa “cualificación” e alertou da tardanza das conclusións dos grupos de traballo. Si  non se abordan as propostas reais para a carteira de servizos, o Sergas seguirá amagando pero non resolverá “ningún dos grandes problemas da Atención primaria,  deixen de burlarse dos profesionais e muden o rumbo para tomar as medidas que se precisan”, recalcou.

Por outra banda negou o incremento anunciado por Aboal nos orzamentos do ano 2020 porque o aumento para persoal, explicou a parlamentaria do BNG, “é absorbido   polas retribucións e o segundo prazo da carreira profesional”. Non haberá, polo tanto, un “incremento de profesionais”.

Montse Prado concluíu a súa intervención reclamando  unha modificación das áreas e distritos para crear “unha verdadeira estrutura de Atención primaria” que responda ás demandas das persoas usuarias.

O BNG pregunta ao SERGAS polo informe encargado a consultorías privadas e de fóra de Galiza sobre un novo modelo de Atención primaria