Francisco Jorquera avanzou que a pesar de que o BNG non poderá preguntar a Feijóo na quenda de preguntas por mor dos recortes establecidos polo pacto PP-PSOE, o BNG preguntará ao Goberno pola denuncia dunha muller contra o Presidente da Deputación, José Manuel Baltar, ante un presunto delito de acoso sexual, tipificado na Lei de Igualdade galega
O portavoz do grupo parlamentario do BNG, Francisco Jorquera avanzou hoxe, tras a comparecencia posterior á Xunta de portavoces, que a pesar de que o BNG non poderá preguntar a Feijóo, na quenda de preguntas polos recortes establecidos polo pacto PP-PSOE, o BNG preguntará ao Goberno pola denuncia dunha muller contra o Presidente da Deputación, José Manuel Baltar por un presunto delito de acoso sexual tipificado na Lei de Igualdade galega e tamén sobre as declaracións do propio Feijóo que afirmou: Lo que pedía esa persona era que el señor Baltar delinquiese, y el señor Baltar no delinquió.Declaracións que Jorquera cualificou de reprobábeis.
O parlamentario lembrou que nas gravacións, José Manuel Baltar solicitaba favores sexuais a cambio de promesas de colocación con frases como: claro que te voy a ayudar y esa promesas va a misa, en ese momento, cuando sea presidente yo me comprometo a hacer, si tu quieres algo no la cagues, joder.
Francisco Jorquera cualificou de practicas de nepotismo outras frases nas que Baltar comprometese a tu nota tengo que cambiarla. Tú vas a sacar más.
O presidente da Xunta ampara ao acosador
O parlamentario cualificou de gravísimos os feitos ao igual que as declaracións de Feijóo cando asegura que o que pedía a muller que acusa a Baltar é que dilinquise e Baltar non delinquiu. Para o deputado, Feijóo converte a vítima e culpabel e está amparando a un acosador. Jorquera lembrou que a Lei para a Prevención e Tratamento contra a Violencia de xénero inclúe condutas consistente na solicitude de favores de tipo sexual na que o suxeito mantén unha situación de superioridade laboral , docente ou análoga e lembrou que este delito, no caso dun funcionario, leva aparellada a pena de inhabilitación.
O BNG preguntará ao Goberno se vai pedir a dimisión de José Manuel Baltar
Vindeira sesión plenaria
O deputado avanzou os debates propostos polo BNG para a vindeira sesión plenaria entre os que destacou unha proposición non de lei sobre a torre do antigo hospital de Vigo sobre o que o BNG propón que a Xunta presente un Plan de usos sanitarios para o centro e a revitalización socioeconómica da súa contorna.
Ademais será debatida a situación da flota galega do cerco amarrada por un reparto inxusto de cotas que fai que o 80% dos buques galegos no podan faenar, pediremos ao Goberno que escoite as reivindicacións do sector para que as cotas se repartan de acordo a criterios socioeconómicos.
Noutra orde de cousas, o BNG tamén preguntará sobre á prorroga da concesión de Ence-Elnosa na Ría de Pontevedra e o impacto dos contratos dos gandeiros tras as medidas adoptadas no acordo de Madrid para o sector leiteiro galego.