O BNG pide un pronunciamento do Parlamento contra ás peaxes nas autovías

Luís Bará
Luís Bará
Bará lamenta que, unha vez máis, o PP impedira o pronunciamento do Parlamento  contra o pago de peaxes nas autovías e  a reclamación da transferencia da AP-9   

O deputado do BNG, Luís Bará lamenta, que unha vez máis, o PP impida un acordo para que o Parlamento galego amose “a súa  rotunda oposición” á intención do goberno central de estabelecer peaxes nas autovías.

O deputado afirmou que a media é “regresiva”, establece barreiras económicas no acceso á servizos básicos como son as infraestruturas viarias, pon  en risco a seguridade viaria e frea  o desenvolvemento económico é  cohesión social en Galiza.

 Bará explicou que as autoestradas da época da AP9 están sendo nacionalizadas e liberadas de peaxe  como a de Burgos-Armiñón, Tarragona-Alicante ou  Sevilla-Cádiz, mentres na AP-9 “temos a condena de 29 anos máis de concesión e continuos e abusivos incrementos de peaxes”. Neste sentido tamén denunciou que “as demandas de transferencia a Galiza desta infraestrutura foron sistematicamente boicoteadas polo PP”.

A  proposición non de lei defendida polo BNG tamén incluía realizar  un estudo sobre o custo do rescate da concesión e negociar co goberno central a asunción do citado custo tendo en conta os beneficios xerados por esta infraestrutura ao longo de 40 anos.

O parlamentario do BNG reclamou  demandar do goberno central  suprimir  a peaxe entre Rande e Vigo, sen que esta medida, explicou,  “repercuta no incremento da peaxe da autoestrada e mentres non se produza  a transferencia e o rescate da concesión”, negociar co Ministerio de Fomento e concesionaria o establecemento de bonificacións que xa existen noutras autoestradas e que permitan reducir o custo para as persoas usuarias atendendo a criterios de frecuencia de uso, horarios, viaxe de volta no mesmo día, tipos de vehículos e outros que se consideren de interese.

Bará cualificou de “escandaloso” o anunciou das peaxes nas autovías tendo en conta que en Galiza, “a AP-9 tras 40 anos de concesión recolleu uns beneficios de 3.000M€ e a estimación da empresa concesionaria até o final da concesión no ano 2048 suporía 14.556, 5 Millóns de euros de ingresos en total”, dos que 1.461 son atribuídos ás peaxes aprobadas polos convenios entre o Partido popular e o PSOE.

O deputado criticou “as bonificacións para outros territorios do estado” e reiterou a “oposición frontal, rotunda e contundente ” do BNG ante o establecemento de pago de peaxes en autovías de titularidade estatal. A demais,  e a partir do debate aberto polo Ministerio de Fomento, considerou que é necesario  “reabrir as demandas sobre a transferencia da AP-9” unha demanda “histórica e xusta” e que foi reiteradamente votada en contra polo Partido popular.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG