O BNG pide iniciar o expediente de extinción da concesión da mina de Touro dada a contaminación existente

Verteduras no ríos Brandelos
Verteduras no ríos Brandelos

Mini na visita a mina: “Vemos lixiviados que baixan polo Brandelos que verte directamente no Ulla e vemos aberracións ambientais a punta pala”

O BNG pide iniciar o expediente de extinción da concesión da mina de Touro dada a contaminación existente

O deputado pola Coruña, Xosé Luís Rivas, participou na visita de parlamentarios e parlamentarias á mina de Touro organizada hoxe pola Plataforma Mina NON, que lles permitiu ter un coñecemento directo dos problemas de contaminación xerados pola explotación mineira que agora se quere reabrir e ampliar.

Rivas resumía as conclusións do percorrido pola mina  con esta narración.

“Bordeando unha das escombreiras vemos os lixiviados que verte no río Brandelos e tira para atrás porque, a súa vez, verte directamente no río Ulla e en zona de rede natura. Non sabemos exactamente a natureza desta contaminación porque na escombreira non só hai restos de mineral senón todo tipo de porquería e de lodos, todo tipo de contaminación da que sexa preciso desfacerse escóndena aquí nesta paraxe, que nun tempo foi unha fermosura e hoxe presenta un aspecto de paisaxe lunar ou marciana. Seguimos a visita vendo aberracións medio ambientais a punta pala”, relata o deputado nacionalista.

Verteduras no ríos BrandelosEn paralelo a visita dos e das deputadas atendendo o convite da Plataforma Mina NON, o BNG acaba de rexistrar na Cámara unha nova iniciativa, neste caso para reclamar da Xunta non só que rexeite a petición de reapertura e ampliación da explotación senón que, por contra, inicie o expediente de extinción da actual concesión e explotación como paso previo á declaración de caducidade.

Para xustificar esta petición, o Bloque alega “o incumprimento reiterado das condicións da concesión e os graves perigos ambientais que representa o seu actual estado para a protección das augas da cunca do U11a e dos acuíferos subterráneos”.

Rivas lembra que desde 1988 houbo un persistente e reiterado abandono da actividade mineira, deixando a empresa concesionaria os traballos de explotación “sen sequera adoptar medidas de restauración e prevención, o que provoca nos últimos anos graves problemas ambientais de contaminación nos solos e nas augas da cunca do Ulla e nos acuíferos subterráneos”.

Abandono das obrigas establecidas na concesión “que nunca foi corrixido nin penalizado pola administración galega, pese a estar ante o aproveitamento dun ben de dominio público, suxeito a concesión que conleva as obrigas de explotación e restauración”, conclúe.