parlamento galego

BNG pide explicacións ao goberno tras a imputación de 8 directivos da CRTVG por “presunto delito de acoso laboral” e pide o cese do director xeral do ente

Olalla Rodil
Olalla Rodil

Olalla Rodil lembrou que a televisión pública acumula 18 condenas nun ano por vulneración de dereitos e despidos improcedentes

A deputada do BNG, Olalla Rodil pediu explicacións ao goberno tras a imputación de 8 directivos da CRTVG, incluído o seu director Xeral, Alfonso Sánchez Izquierdo por “un presunto delito de acoso laboral” contra unha  traballadora.

A deputada explicou que os propios informes do perito xudicial, da facultativa da CRTVG, dun psiquiatra do SERGAS e outro privado, diagnosticaron un  cadro de ansiedade e depresión da traballadora derivado do “trato humillante e decisións arbitrarias da dirección da CRTVG contra ela”.

Para a nacionalista, esta circunstancia resulta “inadmisible” en calquera empresa pero moito máis “nunha  pública financiada con d 100 millóns de euros públicos ao ano por  todas as galegas e galegos”.

Sen embargo, engadiu, este non é o único caso e a  “dirección que o Partido Popular puxo a dedo na CRTVG acumula centos de condenas por violar os dereitos das traballadoras e traballadores dos medios públicos nunha actuación sistemática e sistematizada contra quen se nega a manipular”. Que máis ten que pasar para que o Partido Popular cese a dirección da CRTVG? preguntou.

Cantos dereitos máis teñen que esmagar para que vostedes rectifiquen e cantas veces máis pensan  arrastrar polo chan o prestixio dos medios públicos para que o Partido Popular acabe con este despropósito? recalcou.

Tras a intervención do Vicepresidente 1º, Diego Calvo que  acusou ao BNG de atacar aos medios púbicos, a parlamentaria do BNG replicou   amosando  diversos titulares publicados polos  medios de comunicación alusivos á perda da metade de  litixios laborais da CRTVG. ATelevisión galega “do PP”, acumula en 17 anos cerca de 400 sentencias por “burlar os dereitos fundamentais e laborais”. Isto, dixo, non o inventa o BNG. Quen ataca aos traballadores e traballadoras, inquiriu a nacionalista.

O PP,  subliñou Rodil  puxo “a dedo e mantén no cargo” ao director Sánchez Izquierdo  en contra do que di a propia  lei e polo tanto, é responsable directo da situación da CRTVG e que  máis ten que pasar para que o PP cese ao director Xeral da Corporación da Radio Televisión de Galicia.

Vostede, dixo Rodil dirixíndose ao vicepresidente 1ª “ pedía o cesamento do Director Xeral cando non gobernaban argumentando que o  o Partido popular  saía pouco pola tele” e agora estamos ante 18 condenas nun ano por violar dereitos fundamentais como a liberdade de expresión ou o dereito a folga, e o PP “mira para outro lado”.

“Se sacar pouco o PP na tele era un escándalo, que son 400 condenas xudiciais? volveu a preguntar a nacionalista.

Devólvanlle os medios públicos de Galiza a quen pertencen, devólvanlle a CRTVG ás galegas e galegos, concluíu a deputada do BNG.

Máis en Novas
Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG