O BNG pide ao PP que dea a cara ante as denuncias polas deficiencias da oncoloxía pediátrica do CHUS

Montse Prado
Montse Prado

Montse Prado critica que o PP se atreva a cualificar de esaxeradas as denuncias e lamenta a falta de sensibilidade mesmo con nen@s con esta doenza

 O BNG trasladou á Comisión parlamentaria de Sanidade as deficiencias no servizo de oncoloxía pediátrica no servizo do CHUS denunciadas por pais e nais de nenos e nenas que sofren esta doenza.

As denuncias presentadas polos familiares de menores ingresados no CHUS poñen en evidencia a situación do servizo en aspectos que afecta ao mantemento do material, á limpeza, a carencia de habitacións en xeral e de illamento en particular,  o que consideran un grave risco para a saúde dos seus fillos e fillas, en especial para os e as menores inmunodepremidas.

Entre as denuncias: material estragado que non se repón, colchóns rompidos, buratos nas duchas, mesas de apoio esnaquizadas e oxidadas, cadeiras-sofá rompidas, a falta dun espazo común específico para oncoloxía pediátrica, pese ás longas estadías dos e das nenas doentes. Igualmente, o tempo de espera para as consultas externas superior as tres horas, porque se cita a todos os menores doentes ao mesmo tempo.

Entre as denuncias máis graves, a portavoz de Sanidade, Montse Prado, considera a insuficiencia de habitacións para ingresos de inmunodepremid@s, con só catro habitacións de illamento polo que é habitual que cheguen nenos e nenas sen defensas que teñan que estar esperando horas na sala de curas, sen as condicións necesarias para este tipo de doentes  co risco que isto supón de coller calquera virus. De feito a deputada propuxo duplicar o número de camas no CHUS, sen éxito.

“Se pensan que menten por que esta habitación con tres camas denunciada polos país e nais correndiño sacaron a cama que era un perigo e incumpría todos os preceptos, por que repuxeron un alicatado cun neno doente ao lado, por que un pai pon por escrito na denuncia que non teñen sala de espera pese a acompañar a doentes que pasan meses no hospital?”, interpelou Prado á bancada do PP.

“Por que non chegan a un acordo para duplicar as camas de illamento, pode ser o CHUS o hospital de referencia para todo o país e ter catro camas de illamento, non teñen sala de espera e teñen que estar nos corredores, e normal que nenos doentes de oncoloxía que van en xaxún inmunodeprimidos teñan que ir a cafetería a almorzar con resto de usuarios? E se atreve a dicir que esaxero? Senón son capaces de ter un mínimo de sensibilidade ni cos nenos e nenas, daquela apaga e vámonos”, criticou.

A iniciativa vetada polo PP propoñía corrixir as deficiencias denunciadas polos proxenitores, instando ao Goberno da Xunta a realizar todas as accións precisas para dimensionar a área de oncoloxía pediátrica do CHUS.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG