BNG interpelará ao Vicepresidente 1º, Francisco Conde por negarse a explicar a “presunta” prevaricación con Greenalia e a nula execución de proxectos industriais do concurso eólico do 2010

Luís Bará
Luís Bará
Luís Bará propuxo elaborar  un informe sobre os plans desenvolvidos no concurso eólico do 2010 e os “monetarizados” sen execución ao que o PP, unha vez máis, votou en contra

O deputado do BNG, Luís Bará propuxo a través dunha proposición non de lei, que o goberno elaborara un informe sobre os plans desenvolvidos no concurso eólico do ano 2010 e os plans industriais substituídos “por monetarización”, pagamentos de cantidades económicas das arcas públicas, así como os proxectos que se reactivaron no ano 2017, e as indemnizacións a empresas no ano 2008. Unha vez, afirmou o nacionalista, atopamos como resposta a negativa do Partido popular a ofrecer a información requirida sobre os proxectos industriais e monetarización.

Durante a súa intervención, o parlamentario do BNG preguntou que quere “ocultar a Xunta” con esta negativa reincidente xa que o  propio  director Xeral de Planificación Enerxética tamén se negou a responder as preguntas formuladas polo BNG sobre o caso Greenalia cunha monetarización de “11,7 Millóns de euros” polos parques eólicos de Campelo e Lamas de Feás e  “que a Xunta lle perdoou a esta empresa”. A empresa, engadiu,   “das portas xiratorias na que traballa a ex-conselleira do PP, Beatriz Mato”.

Na súa intervención na Comisión de Medio Ambiente, o nacionalista asegurou que existen indicios de que esta situación pode  repetirse nos proxectos que se están a tramitar na actualidade polo que volveu a reclamar a documentación solicitada e negada sistematicamente polo goberno.

Por outra banda, criticou que o Partido popular vetara a solicitude do BNG para que comparecera o  Vicepresidente 1º en sesión plenaria   para dar explicacións sobre os plans desenvolvidos no concurso eólico do ano 2010  e as denuncias sobre “presunta malversación”. Malversación, retierou co  “perdón” de 11,7 millóns de euros a empresa Greenalia das arcas públicas e a asegurou  que o acontecido con Greenalia é só “a punta do iceberg” no que tamén están implicados outros proxectos industriais de empresas adxudicatarias do concurso eólico do ano 2010 que “non chegaron a ser executados”.

Bará cualificou de “feito grave e  trato de favor da Xunta a empresas adxudicatarias que despois non cumpriron” e anunciou que o BNG pedirá ao titular de Industria, Francisco Conde, “explicacións e responsabilidades políticas” así como a anulacións de todas as decisións contrarias á lei e aos “intereses das arcas públicas”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG