As deputadas do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila e Rosana Pérez, presentaron unha proposición non de lei e unha iniciativa parlamentar na Cámara na que pien ao Goberno que exclúa as artes tradicionais de pesca de xeito e racú da prohibición de pescar sardiña dada a escasa incidencia que a pesca con este tipo de arte ten sobre a sardiña e sobre os TAC.
As parlamentares do BNG explican que o problema comezou coa orde do Ministerio de 31 de xullo, AAA/1512/2014, que estabelece un Plan de Xestión para a sardiña das augas ibéricas dentro das divisións CIEM VIIIc e Ixa. Segundo esa última orde, as Administracións portuguesa e española acordan o peche da pesquería de sardiña desde o 20 de setembro.
Artes tradicionais e utilizadas desde sempre
Unha medida moi prexudicial para os mariñeiros que utilizan estas artes tradicionais que teñen escaso impacto sobre os bancos de sardiña, e que prexudican a 427 xeiteiros e a unha ducia de racús. Poñen de manifesto que no porto de Rianxo hai 116 embarcacións que usan o xeito.
As deputadas do BNG sinalas que este tipo de artes son propis de pequenas embarcacións con pouca capacidade de pesca, pescan perto das rías e as súas descargas non acostuman a superar as 4 caixas de sardiñas e xoubas por barco. Non é unha pesca expansiva e non pescan toneladas, afirman.
Davila e Rosana Pérez piden ao Goberno que atenda as xustas demandas deste colectivo de mariñeiros e os exclúa da prohibición de capturar sardiña. Unha demanda compartida por outros sectores pesqueiro que corroboran o nulo impacto do xeito e do racú. Consideran inxusto que se lles aplique as mesmas restricións que se impuxeron á frota de cerca e aos barcos portugueses.
O Goberno debe atender estas especificidades
Ademáis, poñen sobre a mesa o outro problema que afecta a estos mariñeoros que usan o xeito e o racú. Refírense á proposta de regulamento da Comisión Europea que inclúe a prohibición de pescar en augas da UE con calquera tipo de rede de enmalle á deriva, o que lles afecta. En anteriores iniciativas parlamentares, explicamos que se trata dunha arte de pesca tradicional, moi alonxada das temerarias cortiñas da morte, e respetuosas co ecosistema mariño.
Nun segundo punto, as deputadas do BNG emprazan ao Executivo a intensificar as xestións perante a Comisión Europea para que non se inclúa ás artes tradicionais de xeito e de racú no Regulamento da UE.