O BNG insta ao Congreso a acelerar o debate da transferencia da AP-9 vetada polo PP

Luís Bará e Noa Presas na Comisión de Industria
Luís Bará e Noa Presas na Comisión de Industria

Luís Bará e Noa Presas, ponentes do Bloque para a nova lei que tramita o Parlamento galego

O BNG propón acelerar no Parlamento galego a tramitación da proposición de lei presentada polo grupo nacionalista, que xa pasou o primeiro paso de toma en consideración co voto unánime do pleno da Cámara do Hórreo, e despois de que hoxe a Comisión parlamentaria de Ordenación territorial aprobase a constitución da ponencia para a redacción final da que sería a terceira lei de transferencia da AP9 aprobada polo lexislativo autonómico.

Ademais de acelerar os pasos no Parlamento, o Bloque tamén demanda á Mesa do Congreso que a lei sexa tramitada con urxencia, para compensar na medida do posible o atraso no debate deste texto lexislativo provocado polo veto contumaz e reiterado do PP, a través de sendos informes do ex Goberno de Raxoi utilizando argumentos falsos para evitar o debate sobre a xestión galega dunha infraestrutura clave para este país.

Tendo en conta o cambio no Executivo central, a formación nacionalista considera que se hai acordo entre os grupos políticos da Cámara baixa, é perfectamente posible que a Mesa do Congreso axilice o debate da lei de transferencia da AP9, que o BNG ve como primeiro paso para acabar coa estafa legalizada das peaxes e para corrixir un servizo absolutamente deficiente por parte da concesionaria, pese a obter pingües beneficios desta infraestrutura que usan a diario 20.000 galegos e galegas.

A Comisión parlamentara de Ordenación Territorial aprobou na súa sesión de hoxe os nomeamentos dos deputados e deputadas que formarán parte da redacción da ponencia sobre o texto lexislativo, da que forman parte o portavoz parlamentario de Infraestruturas, Luís Bará, como titular, e a deputada Noa Presas, como suplente.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG