Senado

BNG impulsa a reforma do Regulamento do Senado para a utilización plena de todas as linguas oficiais na cámara territorial

Senado
Senado

A proposta de modificación do Regulamento é rexistrada xunto con ERC, EH Bildu, Compromís, Geroa Bai e Eivissa i Formentera al Senat

Carme da Silva: “Temos que modificar o Regulamento para que se poidan utilizar todas as linguas, as distintas linguas do Estado, en todas as iniciativas”

O BNG impulsa, xunto con outras forzas políticas da esquerda plurinacional, unha Reforma do Regulamento do Senado para a utilización plena e normalizada do catalán, o euskera e galego na actividade da cámara alta. A modificación preséntase dous días despois de que a senadora do BNG, Carme da Silva, fose interrompida polo Presidente do Senado por empregar o galego no debate dunha Proposición de Lei e a convidara a, tal e como a día de hoxe estabelece o Regulamento, empregar o español.

Os partidos asinantes coinciden na necesidade “de impulsar as reformas regulamentarias no Senado a fin de ampliar definitivamente o dereito das e dos representantes públicos dos a realizar o seu labor parlamentario en todas as linguas oficiais do Estado”.

A reforma rexístrase despois da recente e “histórica” Reforma do Regulamento do Congreso dos Deputados aprobada o 21 de setembro de 2023 para a integración total das linguas oficiais. O obxectivo da Reforma do Regulamento do Senado que se propón, tal e como explican os diferentes partidos que a impulsen, é “conseguir o normal e pleno desempeño dos representantes públicos na cámara de representación territorial”, xunto coa promoción da riqueza derivada da pluralidade lingüística, así como o dereito da cidadanía para ser atendida na lingua oficial que elixa.

Entre as modificacións que recolle a Reforma inclúese que “os senadores e senadoras poderán intervir no Pleno, nas comisións e en toda a actividade parlamentaria, nos órganos funcionais do Senado, así como en todos os seus órganos reitores, e nos actos e actividades de representación oficial en calquera das linguas que teñan o carácter de oficiais nalgunha Comunidade Autónoma da cordo coa Constitución e o correspondente Estatuto de Autonomía”.

Nesta mesma liña, “calquera senador ou senadora terá dereito a interpelar ao Goberno en calquera das linguas, así como a formular ao Goberno preguntas, -, mediante escrito dirixido á Presidencia da Cámara-, e a recibir a resposta correspondente ás preguntas de contestación escrita dentro dos trinta días seguintes á súa comunicación, na lingua en que se formularon estas preguntas escritas”.




 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG