CONGRESO

O BNG exixe que non se vulneren os dereitos [email protected] [email protected] como consecuencia da crise do coronavirus

Néstor Rego
Néstor Rego

Néstor Rego pide que se introduzan medidas de protección que impidan que os cambios nos sistemas de traballo a causa desta crise, afecten aos dereitos laborais dos traballadores e traballadoras.

O deputado lémbralle o Goberno que no caso de incapacidade temporal, se lle garanta o traballador unha prestación equivalente ao que lle corresponde por convenio colectivo.

O BNG exixe que non se vulneren os dereitos [email protected] [email protected] como consecuencia da crise do coronavirus

O BNG exixe medidas o Goberno e concretamente o Ministerio de Traballo para garantir que os traballadores e traballadoras non sufran as consecuencias negativas da crise do coronavirus cunha diminución nos seus dereitos laborais. Piden que se tomen medidas para evitar que as empresas utilicen a situación social actual e/ou a falta de materias primas e subministración nas empresas, para aplicar ERES, ERTES ou descolgues salariais e garantir así a protección dos traballadores e traballadoras. Por outra banda, o BNG demandou o Goberno que, no caso de incapacidade temporal, se lle garanta o traballador e traballadora unha prestación equivalente ao que lle corresponde por convenio colectivo, contemplando os complementos salariais.

O deputado Néstor Rego lembra que debido o peche dos centros educativos, que xa se produciron en diferentes partes do Estado, os pais e nais deberán facerse cargo da atención dos menores durante o horario de traballo, co conseguinte absentismo laboral, converténdose, no caso das familias monoparentais en algo inconciliábel. Desta xeito, o BNG pide que se prevea de permisos especiais e da protección aos pais e nais para que poidan exercer o deber inescusábel da tutela efectiva dos seus fillos e fillas ante o peche dos centros educativos e a súa estancia obrigatoria na casa.

A pandemia do coronavirus está facendo que se tomen medidas de control da poboación necesarias para evitar a propagación da enfermidade e evitar o aumento dos contaxios por parte dos Gobernos, tanto central como os autonómicos. Néstor Rego destacaba que “estas medidas tamén poden ter consecuencias negativas desde o punto de vista dos dereitos dos traballadores e traballadoras. Consideramos necesario introducir medidas de protección que impidan que os cambios nos sistemas de traballo afecten aos dereitos laborais dos traballadores e traballadoras”.